O Servizo Galego de Saúde publica a relación de aspirantes seleccionados por concurso-oposición para o ingreso como persoal estatutario fixo de sete categorías profesionais

Resultaron seleccionados 224 aspirantes

Publícase o baremo definitivo de categorías de persoal estatutario de xestión e servizos e de persoal sanitario de formación profesional

A categoría con maior número de prazas é a de técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico, con 121

No grupo auxiliar da función administrativa, as 43 prazas ofertadas serán cubertas por profesionais con discapacidade intelectual

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2026

O Servizo Galego de Saúde publica hoxe, no Diario Oficial de Galicia, as puntuacións definitivas e os aspirantes seleccionados nos procesos selectivos, convocados mediante o sistema de concurso- oposición, para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos e de persoal estatutario sanitario de formación profesional.

En particular, cóbrense 43 prazas do grupo auxiliar da función administrativa, na quenda reservada a persoas con discapacidade intelectual; 26 prazas do grupo de xestión da función administrativa; e 2 do grupo técnico da función administrativa.

Nas categorías de técnico superior, publícanse os seleccionados para 8 prazas de anatomía patolóxica e citoloxía; 16 de dietética; 8 de documentación sanitaria; e 121 de técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico.

Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Coa publicación desta resolución ábrese o prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día hábil seguinte ao da publicación desta resolución (polo tanto, do 18 de febreiro de 2026 ao 3 de marzo de 2026), para que os aspirantes que foron seleccionados nestes procesos presenten a documentación correspondente.

Os seleccionados poden dirixir todas as dúbidas e consultas relacionadas con estes procesos selectivos ao enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamacións nin recursos.

Data de actualización: 16/02/2026