Medio Rural e o Concello das Neves avalían vías de colaboración a prol da promoción dos produtos alimentarios de calidade diferenciada

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2026

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo hoxe unha reunión co alcalde das Neves, José Manuel Alfonso, para avaliar vías de colaboración a prol da promoción dos produtos alimentarios de calidade diferenciada.

Neste sentido, no Concello das Neves celébrase anualmente a Feira do Requeixo e Mel, onde se poñen en valor estes produtos, especialmente os amparados polos selos da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia e Artesanía Alimentaria. Cómpre engadir que esta localidade tamén forma parte da subzona vitivinícola do Condado do Tea, dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/03/2026