A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo coa alcaldesa de Larouco

Ourense, 14 de abril de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, na sede da delegación territorial da Xunta en Ourense.

Nesta xuntanza, á que tamén asistiu a directora territorial da Consellería en Ourense, Pilar Fernández, abordáronse diferentes actuacións en materia de urbanismo e infraestruturas, de interese para este municipio ourensán.

O departamento que dirixe María M. Allegue continúa colaborando cos concellos para impulsar intervencións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/04/2026