Ana Ortiz e Marta Mariño asisten en Vigo ao Feelant Impact Summit sobre innovación social
2026-04-23
/documents/35297/2096350/20260423+Feelant+Impact+Summit+%281%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 23 de abril de 2026
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, asistiron este xoves no Auditorio Mar de Vigo á apertura da terceira edición do Feelant Impact Summit como punto de encontro de referencia para a innovación social, investimento de impacto e a colaboración entre empresas, institucións e entidades sociais.
O evento reuniu a máis de 300 persoas representantes do ámbito institucional, científico, empresarial e social nun espazo de diálogo e acción centrado en algúns dos principais retos da sociedade actual, como a saúde e o benestar, as enfermidades raras, a inclusión, a discapacidade ou o papel do talento da xuventude.
Departamento:
C. de Emprego, Comercio e Emigración
Data de actualización: 23/04/2026