Medio Rural destina preto de 115.000 euros para a execución dun novo pasteiro no concello de Beariz

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias comprobou os traballos realizados en máis de 8 hectáreas do monte veciñal en man común de Framia

Destacou que este tipo de actuacións son fundamentais para o desenvolvemento rural e redundan de xeito moi positivo na conservación da biodiversidade, nos ecosistemas agroforestais e axudan a previr incendios

Este pasteiro enmárcase dentro do Plan de Pastos de Galicia, que dende o ano 2020 permitiu a mobilización de preto de 2.500 hectáreas en 106 pasteiros, cun investimento de case 15 millóns de euros

Beariz (Ourense), 12 de maio de 2026

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, José Balseiros, visitou hoxe o concello de Beariz, onde se executou un novo pasteiro no monte veciñal en man común de Framia, cun investimento de preto de 115.000 euros.

O pasteiro abrangue unha superficie de 8,26 hectáreas hectáreas, nas que se realizaron traballos de roza, pase de grada pesada, abonado e sementado, entre outros labores. A maiores, colocáronse peches perimetrais de 1.400 metros. A súa execución está destinada para a alimentación de gando bovino existente na zona.

O director destacou que este tipo de actuacións son fundamentais para o desenvolvemento rural e redundan de xeito moi positivo na conservación da biodiversidade e nos ecosistemas agroforestais, contribuíndo, ademais, á prevención de incendios forestais a través dunha actividade como é a gandaría en extensivo.

Plan de pastos de Galicia

A creación deste pasteiro en Cerdedo Cotobade enmárcase dentro do Plan de Pastos de Galicia, que dende o ano 2020 permitiu a mobilización de preto de 2.500 hectáreas en 106 pasteiros, cun investimento de case 15 millóns de euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/05/2026