A Xunta pon de relevo os proxectos desenvolvidos por máis de 80 estudantes na Escola de Novos Cooperativistas de Ordes ao abeiro da Rede Eusumo

Ordes (A Coruña), 26 de maio de 2026

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe na Feira da innovación cooperativa, impulsada pola Mancomunidade de Ordes e apoiada pola Xunta. Alí, puxo en valor as cooperativas escolares presentadas hoxe por máis de 80 estudantes e a oportunidade de compartir experiencias sobre o emprendemento colectivo e a economía social.

A directora xeral aproveitou o encontro —no que participaron proxectos cooperativos asentados na contorna— para destacar a iniciativa da Escola de Novos Cooperativistas, impulsada pola Mancomunidade de Ordes ao abeiro da Rede Eusumo da Xunta para achegar o cooperativismo ás aulas e fomentar entre a mocidade valores como a cooperación, a participación, a responsabilidade compartida e o compromiso co territorio. Lembrou que este ano se aprobará a nova Lei de cooperativas, que busca visibilizar esta fórmula como alternativa para o emprendemento en sectores estratéxicos e coa que se persegue proporcionar maior seguridade xurídica e ferramentas máis claras e adaptadas á nova realidade socioeconómica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/05/2026