Medio Rural reúnese cos responsables da Policía Local das sete cidades galegas para avanzar na súa colaboración fronte aos incendios forestais

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2026

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, reuniuse hoxe con responsables da Policía Local das sete cidades galegas para avanzar na coordinación na loita contra os incendios forestais.

Manuel Francisco puxo en valor o traballo que desenvolve a Policía Local neste ámbito e sinalou que o traballo conxunto pode contribuír de xeito beneficioso á vixilancia, investigación e actuación fronte aos lumes. Neste contexto, lembrou a xuntanza mantida esta mesma semana con representantes das forzas e corpos de seguridade do Estado e Forzas Armadas, na que tamén se abordou esta cuestión.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/06/2026