Rueda aposta por fortalecer as relacións de cooperación entre Galicia e Ucraína
Mantivo unha reunión coa embaixadora de Ucraína en España, Yuliia Sokolovska
Salienta que desde o inicio da guerra, as actuacións subvencionadas pola Xunta directamente en Ucraína superan os 230.000 €
Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2026
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, apostou hoxe por fortalecer as xa existentes relacións de cooperación entre Galicia e Ucraína.
Así o afirmou o titular do Executivo galego durante unha reunión mantida coa embaixadora de Ucraína en España, Yuliia Sokolovska, salientando que desde o inicio da guerra, as actuacións subvencionadas pola Xunta directamente en Ucraína superan os 230.000 €.
No que respecta ás relacións económicas entre a nosa comunidade e Ucraína, as exportacións galegas amosan unha recuperación progresiva desde o ano 2022, superando os 70 M€ o ano pasado, con máis de 100 empresas galegas exportadoras.
Na actualidade, das case 350.000 persoas con nacionalidade ucraína que residen en España, máis de 4.000 fano en Galicia.