O Servizo Galego de Saúde publica as listas provisionais de admitidos no concurso-oposición para o ingreso en 21 categorías de persoal estatutario

Resultaron admitidos 21.174 aspirantes para 826 prazas

A categoría con maior número de aspirantes aceptados foi a de grupo auxiliar da función administrativa, seguida da categoría de celador, traballador social e fisioterapeuta

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2026

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, unha resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se informa da relación provisional de admitidos e excluídos, así como os exentos e non exentos do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso en 21 categorías de persoal estatutario.

Resultaron admitidos, con carácter provisional, 21.174 aspirantes das persoas inscritas, 483 pola quenda de promoción interna, 18.721 pola quenda de acceso libre, 1.681 pola quenda de discapacidade xeral e 289 pola quenda de discapacidade intelectual. 

Nestes procesos selectivos ofértanse 826 prazas, das cales 58 corresponden a diversas categorías de persoal sanitario facultativo, 88 a persoal sanitario non facultativo e 680 prazas a persoal non sanitario.

Convocáronse prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual nas categorías de celador e grupo auxiliar da función administrativa.

As categorías con maior número de aspirantes admitidos foron a de grupo auxiliar da función administrativa, 7.890; celador, 7.515; traballador social, 1.020; e fisioterapeuta, 829.

Na seguinte táboa figura o número de prazas convocadas por categoría e o número total de persoas admitidas e por categoría e por quenda de acceso.

Categoría

L

PI

DX

QDI

Total persoas admitidas

TOTAL prazas

Calefactor/a

164

12

 

 

176

7

Celador/a

6.494

33

806

182

7.515

348

Condutor/a

347

24

67

 

438

15

Dietista-nutricionista

335

4

6

 

345

45

Electricista

385

6

22

 

413

11

Farmacéutico/a de atención primaria

617

12

7

 

636

31

Fisioterapeuta

813

3

13

 

829

27

Fontaneiro/a

148

6

 

 

154

8

Grupo auxiliar da función administrativa

6.852

219

712

107

7.890

200

Lavandeiro/a

288

5

 

 

293

6

Logopeda

205

1

 

 

206

5

Mecánico/a

258

7

 

 

265

5

Médico/a asistencial del 061

92

45

 

 

137

8

Médico/a de admisión e documentación clínica

43

13

 

 

56

5

Médico/a xeral da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue

28

5

 

 

33

6

Odontólogo/a de atención primaria

188

0

 

 

188

8

Técnico/a de xestión de sistemas e tecnoloxías da Información

89

10

 

 

99

9

Técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da Información

116

16

 

 

132

5

Técnico/a superior de sistemas e tecnoloxías da Información

67

21

 

 

88

9

Terapeuta ocupacional

253

2

6

 

261

11

Traballador/a social

939

39

42

 

1.020

57

TOTAL

18.721

483

1.681

289

21.174

826

LI: quenda de libre; PI: quenda de promoción interna; DX:discapacidade xeral; QDI: quenda de discapacidade intelectual

Da totalidade de persoas admitidas, máis do 80 % están exentas de realizar a proba de lingua galega por estar en posesión do correspondente certificado oficial acreditativo do nivel de coñecemento de lingua galega.

As listas atópanse publicadas, ao dispor dos usuarios, na web do Servizo Galego de Saúde. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado pola persoa aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e, no apartado de “Procesos”.

Os aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas ao enderezo oposicions@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamación.

Data de actualización: 18/06/2026