Diego Calvo asiste á celebración do 150 aniversario da empresa Rubine e Hijos

A Coruña, 18 de xuño de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na Coruña na conmemoración do 150 aniversario da consignataria de buques Rubine e Hijos, unha empresa familiar de referencia en Galicia da que destacou a súa capacidade de adaptación e vocación de permanencia sen renunciar ás súas orixes, así como o seu compromiso co desenvolvemento económico da comunidade. Nesta liña, incidiu no importante papel das empresas familiares na xeración de emprego e riqueza e na proxección internacional de Galicia e da marca Galicia Calidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/06/2026