A Xunta salienta o labor dos mediadores de seguros na celebración da súa romaría solidaria
2026-06-26
/documents/35297/2172338/20260626_corgos_culleredo_001.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2026
A Xunta salienta o labor dos mediadores de seguros durante a celebración da súa romaría solidaria anual coa que se recadan fondos para a Cociña Económica da Coruña. O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, lembrou durante o acto a importancia dun sector que presta un servizo esencial ao conxunto da cidadanía “cada vez con maior profesionalidade”.
O conselleiro de Facenda clausurou unha xornada na que se homenaxeou aos colexiados con 40 e 25 anos de traxectoria, se celebrou que o alumnado do Curso Superior de Seguros rematou a súa formación e distinguiuse a entidades e profesionais do sector polo seu bo facer no último ano.
Departamento:
C. de Facenda e Administración Pública
Data de actualización: 26/06/2026