Villaverde acompaña ao sector pesqueiro de Celeiro na celebración dás súas festas patronais e do mar
Viveiro (Lugo), 26 de xullo de 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asistiu nas Festas Patronais e do Mar de Celeiro á tradicional procesión marítima, onde acompañou aos mariñeiros, veciños e visitantes neste emotivo acto de homenaxe aos profesionais do sector. Durante a xornada, na que estivo acompañada pola alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, e polo patrón maior da Confraría de Pescadores de Celeiro, Domingo Rey, a titular autonómica destacou o profundo vínculo cultural, social e económico que une a esta vila mariñeira coa pesca e coa protección da cultura marítima.
A conselleira salientou que o profundo arraigo das tradicións mariñeiras nas comunidades costeiras é o mellor reflexo do vínculo histórico e afectivo destas poboacións coa actividade pesqueira, constituíndo un dos piares fundamentais da identidade cultural de Galicia. Este sentimento de pertenza e respecto polo oficio, transmitido de xeración en xeración, reforza o valor social e humano dun sector que segue a ser clave no desenvolvemento das vilas do noso litoral.