Extinguido o incendio forestal do concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Carboentes

Este lume afectou finalmente unha superficie de 18,8 hectáreas, das cales 12,2 corresponden a monte arborado e as 6,6 restantes a raso

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2026

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Carboentes, está extinguido desde as 08,11 horas de hoxe.

Este lume iniciábase ás 16,03 horas do pasado sábado e finalmente afectou unha superficie de 18,8 hectáreas, das cales 12,2 corresponden a monte arborado e as 6,6 restantes a raso. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 3 técnicos, 24 axentes, 38 brigadas, 39 motobombas, 1 pa, 3 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

Data de actualización: 12/08/2026