A Xunta concedeu 365.000€ a 40 entidades locais da área de Vigo a través do Plan de Acción Comunitaria

Vigo, 19 de outubro de 2026

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns a Asociación de Veciños Val do Fragoso para coñecer as melloras levadas a cabo no local social do colectivo a través do Plan de Acción Comunitaria impulsado polo Goberno galego. Segundo explicou a representante autonómica preto de 300 colectivos locais realizaron melloras nas súas infraestruturas nos seus equipamentos. A medida, dotada con tres millóns de euros, foi dirixida a asociacións veciñais e de mulleres rurais, así como a comunidades de usuarios de augas, co obxectivo de apoiar o movemento veciñal para mellorar a convivencia e dinamizar a vida social e cultural en todo o territorio galego. A meirande parte das entidades beneficiarias son da provincia de Pontevedra, con 103 colectivos (40 da área de Vigo) que se reparten máis de 1,1 millóns de euros (365.000 euros na área viguesa) para executar 115 proxectos, 97 de obras e 18 de adquisición de equipamento.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/10/2026