A campaña ‘Merca no teu comercio’ entrega en Barbadás os premios a consumidores da localidade

Barbadás (Ourense), 20 de outubro de 2026

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou esta tarde na entrega de premios da campaña Merca no teu comercio desenvolvida en Barbadás, no marco da colaboración da Xunta coa Federación Galega de Comercio.

Esta iniciativa contribúe a dinamizar o consumo local, tendo en conta que esta acción percorreu distintas localidades sen centros comerciais abertos e chegou a máis de medio cento de asociacións de comerciantes. Neste caso de Barbadás, a campaña estivo activa ata o 15 de outubro e hoxe entregáronse, —como no resto de concellos aos que chegou esta iniciativa— 20 tarxetas regalo por valor de 50 euros entre a clientela participante.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/10/2026