Actualidade
Buscador de novas
Turismo de Galicia leva a ‘Luar na Lubre’ este verán ao Santuario das Ermidas
A emblemática banda galega celebrará no enclave ourensán os seus 40 anos de traxectoria cun concerto o vindeiro 16 de xullo ás 20.00 horas
Turismo de Galicia pecha a renovación do sendeirismo homologado en Galicia
A Xunta fortalece así a oferta de turismo de natureza, un segmento estratéxico cunha elevada estadía media de 7,8 noites, superior á media xeral da comunidade
Ana Ortiz destaca o proxecto de cabanas turísticas en Nigrán como un modelo de “excelencia” para acoller aos peregrinos do Camiño Portugués da Costa
A delegada territorial da Xunta en Vigo visitou este luns a finca do Monte da Mina na que se están levantando un total de 25 cabanas modulares de madeira
A Xunta reforza o servizo de atención turística con 14 novas bolsas de formación práctica nas oficinas de turismo das principais cidades
A convocatoria, dirixida a titulados no ámbito turístico, permanecerá aberta do 12 de maio ata o 11 de xuño
A Xunta renova a súa colaboración coas festas de San Isidro da Piringalla, en Lugo, que arrincan o xoves
O delegado territorial, Javier Arias, participou na presentación da celebración, que se prolongará ata o luns 18 con actuacións de varios grupos e orquestras, atraccións infantís e outras propostas para todos os públicos
Xosé Merelles pon en valor a Romaría do Bispo Santo de Foz como exemplo de identidade, patrimonio e atractivo turístico da Mariña lucense
Destaca que no que vai de ano, máis de 20.000 viaxeiros visitaron este destino cun incremento do 15% do turista internacional
Turismo de Galicia e a Asociación de Municipios do Camiño de Inverno estudan accións de promoción no décimo aniversario da oficialización deste itinerario
Xosé Merelles reuníuse con varios integrantes da Xunta Directiva da entidade para analizar as obras de mellora e seguridade desta ruta xacobea
A Xunta destaca o papel da Feira do viño de Pantón para promocionar a zona e enxalzar a singularidade dos seus caldos
O delegado territorial, Javier Arias, destaca o compromiso do Goberno galego co sector vitivinícola e co impulso turístico da Ribeira Sacra, con iniciativas como as Rutas dos Viños, que chegan de novo a este destino entre o 29 e o 31 de maio
A Xunta volve situar A Coruña no mapa dos grandes eventos musicais do verán co apoio ao Festival Noroeste Estrella Galicia dos Concertos do Xacobeo
O director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, participou hoxe na presentación dos primeiros nomes do festival coruñés, que celebrará a súa 39ª edición do 5 ao 8 de agosto na Praia de Riazor, a Praza de María Pita e outras localizacións da Coruña