Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.839 novas da Axencia de Turismo de Galicia:

21/01/2026 | 13:23 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta constitúe a comisión interdepartamental de preparación e coordinación das actuacións relacionadas coa observación da eclipse do 12 de agosto

Diego Calvo presidiu a primeira sesión da comisión, na que participan representantes desta consellería e das de Medio Ambiente e Cambio Climático, Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Sanidade, así como da Axencia Turismo de Galicia

17/01/2026 | 11:02 | Axencia de Turismo de Galicia

A promoción turística de Galicia en Fitur 2026 xira ao redor da marca país Galicia Calidade

O espazo na cita internacional da comunidade galega contará con máis de 1.000 metros cadrados e servirá como punto de encontro co sector ademais de incluír cunha ampla programación de presentacións e actividades

16/01/2026 | 13:14 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destina preto de 920.000 € a 31 concellos da provincia de Ourense para a mellora das infraestruturas turísticas nas contornas rurais

O delegado territorial destacou que esta orde da Xunta, dotada de 2 millóns de euros, busca impulsar e consolidar a actividade turística nas contornas rural, e ao mesmo tempo promover a diversificación turística polo territorio da comunidade

15/01/2026 | 12:10 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un campamento de turismo na contorna do Pazo de Cea, en Nigrán

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

14/01/2026 | 17:20 | Axencia de Turismo de Galicia

A Rede Pública de Albergues do Xacobeo recibe o premio Q 2026 que concede o Ictes pola súa aposta pola sostibilidade turística

O pasado ano, 25 albergues da rede autonómica acadaron a certificación S de Sostibilidade Turística

13/01/2026 | 17:04 | Axencia de Turismo de Galicia

A Estación de Manzaneda rexistra 15.000 visitas e acada cifras históricas no comezo da tempada de inverno

Case 9.000 persoas esquiaron nestas instalacións e 6.800 achegáronse ao complexo para visitalo e coñecelo desde o 23 de decembro ata o 11 de xaneiro

10/01/2026 | 11:47 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia presenta en Fitur máis de 50 destinos que redundan nun modelo turístico sostible e de calidade

A programación esténdese do mércores 21 ao 23 de xaneiro con accións dirixidas ao sector, mentres que o sábado 24 e domingo 25, a feira abrirá as súas portas ao público en xeral