Actualidade
Buscador de novas
A Xunta impulsa na estrada a comercialización da Artesanía de Galicia durante a ‘LII Festa do Salmón’
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou a Feira Galega de Artesáns da Estrada, impulsada pola Asociación Galega de Artesáns (AGA) no marco da colaboración co Goberno autonómico para celebrar 12 encontros ata setembro
A Xunta lembra que segue aberto o prazo para solicitar os apoios á formación adaptada ás necesidades específicas das empresas
Sectores estratéxicos como automoción, defensa ou alimentario, entre outros, poden solicitar ata o 1 de decembro deste ano ou ata que se esgote o crédito estes apoios da primeira convocatoria do programa Galicia Suma Talento: Plan de formación empresas
A Xunta convoca hoxe preto de 2.000 persoas en Silleda para realizar as probas de avaliación en competencias clave de nivel 2 e 3 de cualificación profesional 2026
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, achegouse hoxe ata o recinto feiral silledense, onde se celebra a 20ª convocatoria destas probas
Rueda destaca o liderado da cadea mar-industria galega como un sector potente e innovador que leva o selo Galicia Calidade por todo o mundo
Resalta a importancia do mar para a economía e historia galegas e o apoio da Xunta para que esta actividade económica medre de xeito sostible, moderno e competitivo
A Xunta aposta polas persoas autónomas cunha nova convocatoria das axudas para a promoción do emprego integrada na orde unificada
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, puxo o foco nesta convocatoria durante a visita a dous dos beneficiarios do pasado ano
Rueda pon en valor o peso estratéxico da industria alimentaria e reafirma o compromiso da Xunta para garantir o emprego e a competitividade
Subliña que este sector é un dos grandes motores de Galicia e agradece o labor de distribuidores que, como Vegalsa-Eroski, son parte esencial da cadea de valor e apostan polo produto de proximidade e de calidade diferenciada
A Xunta publica a primeira orde para rehabilitar vivendas destinadas a persoas traballadoras co obxecto de cubrir vacantes e fixar poboación no rural
O DOG publica hoxe a convocatoria conxunta das consellerías de Emprego e Vivenda que —cun orzamento inicial de 1,5 M€— busca poñer a disposición de persoas contratadas en Galicia vivendas situadas en concellos de menos de 20.000 habitantes