Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo destaca que a Xunta apoia catro obradoiros de emprego no Barbanza cun investimento próximo aos 2 M€ para formar a 80 desempregados
A delegada da Xunta participou na inauguración do obradoiro de emprego dual de Noia-Lousame e Outes que formará a 20 persoas, durante 9 meses, en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e en actividades auxiliares en aproveitamentos forestais
A Xunta impulsa o 6 e 8 de xuño no Brasil unha nova feira de emprego para conectar o talento da Galicia exterior coas oportunidades laborais da comunidade
A vindeira semana, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración iniciará a súa primeira viaxe ao país para asistir a ambas citas, que terán lugar nas cidades de São Paulo e Salvador de Bahía tras o éxito das celebradas na Arxentina e no Uruguai
A Xunta participa na festa do comercio organizada por Viveiro centro comercial histórico tras o recoñecemento autonómico ao seu labor
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, achegouse á xornada, que incluíu música, actividades lúdicas e sorteos para poñer en valor o comercio local e a súa importancia como motor económico e social
A Xunta pon en valor en Mazaricos as xuntanzas do proxecto fixar para potenciar os colivings e o emprendemento no rural
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe nun novo encontro dos participantes desta iniciativa pioneira impulsada polo Goberno galego en colaboración coa Asociación Cultural Sende
A Xunta pon en valor a Medalla de Ouro de Canarias concedida á Casa de Galicia das Palmas
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu ao acto oficial do Día de Canarias no que a entidade galega viu recoñecida “décadas de esforzo, solidariedade e amor por Galicia e Canarias”
Belén do Campo destaca o papel das prazas de abastos como motor económico e social durante a campaña ‘Quere o teu mercado’ no mercado de San Agustín
A representante do Goberno autonómico lembrou que a Xunta ten en marcha diferentes programas destinados á modernización e revitalización das prazas de abastos galegas, cun investimento superior aos 2,3 millóns de euros para o período 2026-2027
A Xunta celebra a campaña europea ‘Quere o Teu Mercado’ en 41 prazas de abastos de 31 concellos
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe as instalacións de Ourense, Ribadavia e O Carballiño, como mostra das accións impulsadas en toda a Comunidade nas que se están a implicar uns 1.800 praceiros e praceiras
A Xunta reúne en Muxía a profesionais e mocidade nas primeiras Xornadas de convivencia e formación para promover o emprendemento na industria musical
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais e a directora xeral de Xuventude participaron esta tarde no acto de apertura desta iniciativa incluída no programa ‘Camiño do emprendemento musical’
A Xunta reafirma no ‘Día da Economía Social Galega’ o seu compromiso con este ecosistema no marco da Estratexia específica Horizonte 2027
José González destaca que o Goberno galego destina este ano case 45 M€ á economía social, dentro da 2ª Estratexia que rexe este eido que prevé crear 4.000 novos postos de traballo e impulsar a constitución de 400 novas entidades