Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.756 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

15/03/2026 | 10:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia acollerá en abril unha convivencia de axentes do ecosistema emprendedor dentro da súa aposta referente polo emprendemento ligado ao territorio

Trátase dunha iniciativa que terá lugar no concello de San Xoán de Río e na estación de montaña de Manzaneda e que está impulsada pola Xunta de Galicia da man da Deputación de Ourense, o concello de San Xoán de Río e o movemento Impact Social Cup, referente en emprendemento

14/03/2026 | 21:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda enxalza o labor das comunidades galegas no exterior como as mellores embaixadoras do selo Galicia Calidade na diáspora

Felicita á asociación As Xeitosiñas polo seu 45 aniversario, destacando o compromiso da colectividade por manter viva a identidade galega a miles de quilómetros

14/03/2026 | 13:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Merza a comercialización do produto artesán e a marca Artesanía de Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiu hoxe ao inicio do proxecto Artesanía de Galicia en Merza

14/03/2026 | 11:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo participa no Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras na mesa informativa na praza de Lugo

A delegada da Xunta puxo en valor o compromiso da Xunta coa defensa e promoción dos dereitos da cidadanía no ámbito do consumo para facilitar ferramentas útiles para previr conflitos, resolver dúbidas e garantir que se respecten os seus dereitos

14/03/2026 | 11:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca en Ourense as ferramentas autonómicas a prol da defensa dos dereitos das persoas consumidoras

O director xeral de Comercio e Consumo e o delegado territorial da Xunta en Ourense visitaron o punto de información ao consumidor instalado no edificio provisional da praza de abastos polo Día Mundial dos dereitos das persoas consumidoras

14/03/2026 | 10:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta incide no papel histórico do Centro Galego de Rosario e celebra coa colectividade do exterior o concerto de Luar na Lubre

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda visitou a cidade no marco da viaxe institucional que está a realizar esta semana polo Brasil, A Arxentina e O Uruguai 

13/03/2026 | 17:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o pulo dinamizador ao comercio da Feira de oportunidades e de antigüidades da Estrada

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta tarde no acto de inauguración da 14ª Feira de oportunidades do comercio e 72ª Feira de antigüidades

13/03/2026 | 13:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta en Vigo o papel das microcredenciais para responder con eficacia e axilidade as necesidades de talento das empresas

José González enmarcou esta medida no redeseño da formación para o emprego que impulsa o Goberno galego e no que tamén se encadran outras ordes a demanda do tecido produtivo como a destinada á formación de persoas ocupadas (4 M€)