Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.755 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

11/02/2026 | 19:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en marcha en Baiona un proxecto piloto para deseñar estratexias locais de economía social aliñadas coas necesidades do territorio

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta tarde na primeira xornada participativa celebrada no concello pontevedrés, que reuniu a axentes sociais, económicos e comunitarios do municipio

11/02/2026 | 14:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca na Coruña o papel clave dos centros comerciais abertos e reforza o seu apoio cunha nova orde de axudas de 2,5 M€ que se publica mañá

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén visitou varios establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto Zona Obelisco e deu conta da nova convocatoria para impulsar a capacidade dinamizadora destas entidades

11/02/2026 | 12:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta a aposta estratéxica por pechar o círculo da empregabilidade conectando a formación para o emprego cos incentivos á contratación

José González subliñou que o obxectivo é vincular o investimento público en formación para o emprego coas necesidades reais das empresas e as vacantes do territorio, consolidando así o mercado laboral galego

11/02/2026 | 09:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lembra que desde hoxe as persoas traballadoras autónomas poden solicitar os apoios específicos á súa actividade e á contratación

Coas achegas para o inicio, mantemento, consolidación ou reactivación da actividade, publicadas nunha orde única (40,7 M€), prevese beneficiar 8.700 persoas e coas de contratación indefinida polo colectivo (1,3M€) unhas 160 persoas desempregadas

10/02/2026 | 13:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta consolida a súa alianza coa Federación Galega de Comercio a prol da dinamización, formación e dixitalización do sector

José González destacou a relevancia de colaborar con axentes estratéxicos como as entidades asociativas e salientou o convenio anual entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio, cun orzamento próximo aos 700.000 euros

10/02/2026 | 11:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta de Galicia convoca preto de 25 M€ en axudas para impulsar a contratación de colectivos prioritarios como a mocidade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o programa Galicia Suma Talento: Emprégate (19,7 M€), que coordina os incentivos á contratación e os programas formativos para facilitar a empregabilidade das persoas con maiores dificultades de inserción laboral

09/02/2026 | 14:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste preto de 1,5 millóns de euros nos cursos AFD que se imparten na comarca do Salnés

O delegado territorial visitou esta mañá as instalacións de Captioma Salnés, no concello de Vilagarcía de Arousa, e puxo en valor o papel da formación para mellorar a empregabilidade