Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.754 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

08/01/2026 | 13:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta pon en valor a aposta da Federación Down Galicia pola formación e o acompañamento de cara á inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade

José González gabou o seu afán por facilitar o acceso ao emprego das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, mellorando a súa cualificación e acompañándoas na incorporación e mantemento no mercado laboral

08/01/2026 | 12:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta prevé aprobar no primeiro trimestre deste 2026 o novo decreto que institucionalizará o Diálogo Social en Galicia adaptándoo ás novas realidades laborais

A nova norma busca dotar o Diálogo Social de maior transversalidade, potenciándoo como ferramenta estratéxica para abordar cuestións de calado como a prevención de riscos laborais e do absentismo inxustificado, a igualdade ou o benestar laboral

06/01/2026 | 09:36 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta continuará impulsando neste 2026 o seu proxecto ‘Artesanía no Prato’ que vén de ser distinguido nos Premios Nacionais de Artesanía

A iniciativa impulsada pola Fundación Artesanía de Galicia desde o ano 2013 co obxectivo de facer converxer artesanía e gastronomía foi recoñecida na categoría Promociona Entidades Públicas

05/01/2026 | 11:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia pecha 2025 con 6.807 persoas desempregadas menos ca hai un ano e con 17.715 cotizantes máis á Seguridade Social

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, valorou hoxe os datos de desemprego e afiliacións rexistrados en decembro, que en ambos casos anotan os mellores datos da serie histórica nese mes

04/01/2026 | 10:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa o coñecemento do comercio local entre máis de 2.200 estudantes de preto de 50 centros educativos galegos a través do Programa Localízate

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, deu recentemente a benvida aos docentes participantes na formación en liña da nova edición da iniciativa

03/01/2026 | 10:39 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta achegou a cultura galega en 2025 a preto de 1.500 persoas a través da formación nas comunidades galegas do exterior

Este ano impartíronse medio cento de obradoiros culturais desenvolvidos en 40 entidades do exterior de máis de 10 países, con formadores desprazados desde Galicia