Actualidade
Buscador de novas
Galicia acada o mellor outubro en afiliacións con 1.102.984 cotizantes e o paro máis baixo dese mes con 113.386 persoas desempregadas
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, valorou hoxe os datos de paro rexistrado e de afiliacións á Seguridade Social correspondentes ao pasado mes de outubro
A Xunta urxe ao Goberno central a rectificar e considerar as microcredenciais como ferramenta clave para a inserción laboral das persoas migrantes
Poñendo en valor o modelo Galicia para captar, reter e aproveitar o talento das persoas traballadoras de xeito ordenado e planificado, José González lamentou que non se tivesen en conta as microcredenciais na reforma da Lei de estranxeiría
Rueda anuncia a posta en marcha esta semana dunha nova edición dos bonos Activa Comercio dotada con 2,5 M€ tras ter mobilizado máis de 110 M€ en vendas desde 2021
O presidente da Xunta informou da 2ª andaina do programa en 2025, que se publicará mañá e porá á disposición desde o mércores ás 9,00 h. os bonos de desconto de ata 30 €
A Xunta publica o decreto que regulará a Certificación Galega de Excelencia en Igualdade
Púxoo de relevo hoxe en Vigo o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, aproveitando o acto de presentación da Certificación de Benestar Laboral impulsada por Aenor e a Fundación Mundial da Felicidade
A Xunta apoia unha nova edición da feira ´Festalent´ como referente da conexión entre o mundo académico e o tecido empresarial de Ferrolterra e Galicia
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na apertura do evento que reúne a un total de 50 empresas e institucións