Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.668 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

04/03/2026 | 14:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste máis de 75.000 € nun ascensor no CEIP Virxe de Covadonga da cidade de Ourense

Manuel Pardo explicou que a finalidade desta actuación é mellorar a accesibilidade entre as diferentes plantas, dispoñendo para iso de catro paradas, capacidade para oito persoas, e adaptado para persoas de mobilidade reducida

04/03/2026 | 13:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Escola Mestre Mateo da Xunta amosa o potencial creativo dos seus alumnos na Gala Despunte 2026

A Cidade da Cultura acolle mañá o desfile de coleccións de moda dos estudantes, nunha cita que congregará uns 700 convidados

04/03/2026 | 13:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta salienta que EdugalIA mellorará o sistema educativo en eidos clave como a loita contra o abandono escolar e a atención á diversidade

Judith Fernández refírese a unha “aposta estrutural de país” para pasar “da simple dixitalización a unha gobernanza intelixente” a través da IA

04/03/2026 | 12:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez sinala que os 37 proxectos de I+G+i de 138 empresas beneficiarios de nexos son mostra do potencial da innovación de Galicia

Esta nova liña de axudas da Xunta apoiará con 22,6 M€ iniciativas centradas en ámbitos estratéxicos froito da colaboración entre entidades

03/03/2026 | 15:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adxudica a Fsas Technologies a adquisición do novo supercomputador do Cesga por máis de 25M€

O Finisterrae IV, que duplicará a capacidade de almacenamento actual, está deseñado para dar resposta ás novas necesidades de cómputo da intelixencia artificial

03/03/2026 | 14:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a nova etapa do Campus Terra como unha oportunidade para reforzar Lugo como polo de I+D+I neste ámbito

O conselleiro de Educación e o reitor da Universidade de Compostela presentan o convenio para desenvolver a súa estratexia ata 2029, dotado con máis de 4,7 M€

03/03/2026 | 12:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia expón no Mobile World Congress de Barcelona a súa aposta estratéxica polas tecnoloxías cuánticas

A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participa nunha mesa redonda organizada por Telefónica no marco do evento

03/03/2026 | 12:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez felicita aos estudantes galegos de FP que se alzaron con sete medallas en SpainSkills

Os dous ouros, que recaeron en Héctor Sánchez na modalidade Tecnoloxía do automóbil e en Manuel Prada en Tecnoloxía de vehículos pesados, representarán a España no campionato mundial de Shanghai en setembro e no europeo de Alemaña en 2027

02/03/2026 | 19:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta de Galicia avanza co Goberno central nunha vía específica de homologación de títulos dirixida a persoas beneficiarias das Bolsas Beme

Os representantes autonómicos insisten na necesidade dunha vía áxil —coordinada entre Xunta, universidades e Ministerio— da que poida acabar beneficiándose calquera persoa estranxeira que precise homologación formativa para exercer