Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.003 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

13/07/2026 | 16:31 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta e a Academia Galega do Audiovisual colaboran para proxectar as curtas dos Premios Mestre Mateo en 26 concellos

O Ciclo Mestre Mateo Galicia Calidade levará as oito pezas finalistas e gañadoras na última edición dos galardóns ata localidades que non contan con salas de exhibición estables

12/07/2026 | 10:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta destina 350.000 € a apoiar a produción editorial galega, tras unificar tres liñas de axudas que serán bianuais en resposta á demanda do sector

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude lanza nunha convocatoria as axudas de gastos de edición, distribución e comercialización, as de audiolibros e as de libros en lectura fácil 

11/07/2026 | 14:03 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos anuncia o remate das obras de restauración do santuario da Peregrina a principios de agosto

O titular de Cultura do Goberno galego destaca o comezo xa da retirada das estadas, que se concluirá de xeito completo a finais deste mesmo mes

10/07/2026 | 14:45 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Rede Galega de Teatros e Auditorios chega ao seu 30º aniversario con 223 novas funcións e concertos en 39 concellos

A Xunta coordina e cofinancia desde 1996 este circuíto autonómico de espectáculos xunto ás entidades locais participantes

10/07/2026 | 13:27 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca o éxito dos minicampamentos nos que participan 876 nenos e nenas este verán

Trátase dunha das modalidades do programa ‘Modo Verán Activo’, que este ano aumentou en 300 as súas prazas, ata as 11.932, a maior cifra da historia

10/07/2026 | 13:00 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; Axencia de Turismo de Galicia

A sede da Xunta en Lugo acolle a exposición sobre o Arde Lucus organizada pola Cátedra de xestión cultural da USC

Propón unha aproximación á festa desde distintas perspectivas, con achegas de investigadores, fotógrafos ou asociacións de recreación histórica

09/07/2026 | 20:17 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo destaca a “oportunidade para amosar a nosa cultura e produción editorial aos visitantes este verán”

Os Xardíns da Xiralda acollen a oitava parada dun circuíto que supón unha das citas destacadas da programación ‘Para gustos, cultura’ da Xunta

09/07/2026 | 19:49 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García pon en valor “favorecer a presenza do galego en certos sectores como as forzas de seguridade”

No acto asinouse unha declaración a prol do uso das linguas oficiais nas relacións dos corpos de policía do Estado coa cidadanía

09/07/2026 | 18:16 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Máis de 200 rapaces desfrutarán este verán en Palas de Rei dos campamentos de deporte e aventura organizados pola Xunta

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, visitou aos participantes na primeira quenda de actividades que se desenvolven nas instalacións dos Chacotes

09/07/2026 | 13:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

‘Danza no Camiño’ leva a creación coreográfica galega e internacional a cinco concellos co apoio da Xunta

O festival itinerante desenvolverá en Galicia a súa recta final entre o 12 e o 17 de xullo, con funcións en Ferreira de Pantón, Tui, Ourense, Portomarín e Muxía