Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 948 novas da C. de Facenda e Administración Pública:

11/02/2025 | 14:43 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos pondera a estabilidade institucional, económica e xurídica de Galicia como atractivo para os mercados

Destacou o ‘Estilo Galicia’ como referente de estabilidade fronte ás actuais incertezas do mercado global e nacional

11/02/2025 | 12:58 | C. de Facenda e Administración Pública

O Centro GaiásTech fomenta as vocacións STEAM entre as rapazas cun taller sobre tecnoloxía e clima

Celebrarase en dúas xornadas, os días 10 e 24 de abril, véspera do Día da Muller e a Nena nas TIC

11/02/2025 | 10:58 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia debate a primeira lexislación rexional para o desenvolvemento dunha intelixencia artificial ética, segura, fiable e centrada nas persoas

Na súa intervención no debate de totalidade do Proxecto de Lei, Miguel Corgos afirmou que o seu bo uso proporcionará vantaxes competitivas esenciais ás empresas e facilitará resultados positivos en sectores tan importantes como a saúde 

10/02/2025 | 15:01 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que Galicia pechou 2024 cun superávit do 0,2%, acadando o 100% de execución e reducindo a débeda

O esforzo investidor acadou o 16,5% dos gastos non financeiros e a débeda reduciuse en 223 M€, incrementándose o investimento real en máis de 200 M€ con respecto ao ano anterior

09/02/2025 | 12:45 | C. de Facenda e Administración Pública

O Centro GaiásTech publica unha aplicación móbil que facilita o acceso aos seus servizos e abre foros de debate sobre tecnoloxías intelixentes

A app permite inscribirse nas actividades, realizar reservas de espazos e participar en debates enfocados nas tecnoloxías innovadoras

07/02/2025 | 15:58 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta reivindica a estabilidade financeira e fiscal de Galicia para dar seguridade a empresas e cidadáns

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, clausurou as XIII Xornadas Técnicas de Fiscalidade e Contabilidade organizadas polo Colexio de Economistas da Coruña

07/02/2025 | 12:56 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Galicia, Castilla y León, Andalucía, Valencia, Navarra, Extremadura e Murcia comparten recursos para facilitar o acceso da cidadanía á capacitación dixital

Os sete gobernos autonómicos veñen de renovar un acordo para aglutinar esforzos e desenvolver contidos para a acreditación de coñecementos dixitais

06/02/2025 | 14:02 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública

Lorenzana anuncia que a Xunta convocará este ano tres novas liñas de axuda para proxectos de descarbonización industrial e enerxías renovables

En total suman 16,2 M€ e financiarán a implantación de plantas de fabricación de compoñentes e almacenamento enerxético, o uso do hidróxeno renovable, a produción de biogás ou biometano e o desenvolvemento de tecnoloxías renovables mariñas

06/02/2025 | 13:20 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca que a condonación da débeda das CC.AA. incrementaría en 470€ a débeda por habitante en Galicia

O secretario xeral Técnico e do Tesouro, David Cabañó, incidiu en que a condonación é unha redistribución da débeda, é dicir, non desaparece, senón que se reparte entre todos os españois, prexudicando ás comunidades menos endebedadas

06/02/2025 | 11:03 | C. de Facenda e Administración Pública