Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.321 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

17/09/2025 | 13:59 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda anuncia que a Xunta destina 40 M€ á ampliación da autovía do Salnés e a melloras para facilitar as comunicacións nesa zona

 A actuación contempla a ampliación da vía rápida entre Sanxenxo e A lanzada, da PO-308, a creación dunha senda peonil e ciclista por toda A Lanzada e medidas de protección medioambiental

16/09/2025 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta leva transferidos máis 900.000€ en axudas para os propietarios de vivendas afectadas polos incendios forestais deste verán

O Goberno galego concedeu xa 9 axudas, 7 a propietarios de vivendas en San Vicente de Leira, en Vilamartín de Valdeorras, e 2 en Quiroga por un importe que supera os 900.000€

16/09/2025 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 430.000 euros as obras de mellora da rúa Curros Enríquez, no lugar de Feira do Monte, en Cospeito

Os traballos consistirán na ampliación da plataforma e o reforzo do firme, así como na habilitación de beirarrúas e nova iluminación

15/09/2025 | 15:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a Xunta xa ten en marcha o 73 % das vivendas de promoción pública comprometidas para esta lexislatura

O Consello da Xunta de Galicia dá conta do informe da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas que cifra en 2.943 as novas vivendas en marcha, o que supón un investimento xa licitado de 208 M€, e un total estimado de 451 M€

15/09/2025 | 13:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en servizo o viario provisional que enlaza o Chuac coa estrada AC-10

Este viario dará servizo ao centro hospitalario mentres se abordan os traballos de ampliación do Chuac, nos que a Xunta leva investidos xa 85M€ na súa 1ª fase

15/09/2025 | 13:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
15/09/2025 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 245.500€ as obras de acondicionamento da rúa Terra do Souto e da súa contorna en Rubiá

Estes proxectos desenvólvense ao abeiro do Plan Hurbe, un programa de apoio aos concellos para promover actuacións que contribúan a dinamizar as vilas galegas e a mellorar a calidade de vida da súa veciñanza

15/09/2025 | 12:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
14/09/2025 | 14:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 532.250€ os traballos de humanización das rúas Forcarei e dos Mollaos, no concello do Pino

A través desta actuación acondicionaranse estas dúas rúas situadas no núcleo do Pedrouzo, mellorando os accesos e os servizos e dotacións municipais, nesta entorna de paso do Camiño de Santiago

14/09/2025 | 13:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata os traballos de limpeza na Ponte Vella de Ourense

Os traballos consistiron na retirada manual da vexetación nos paramentos e na limpeza das xuntas, co emprego de ferramentas e medios manuais