Actualidade
Buscador de novas
Rueda anuncia que a Xunta ultima o lanzamento do Bono Peixe que estará dispoñible a partir do vindeiro 28 de xullo para a súa descarga
Resalta que o obxectivo é “incentivar o consumo” do peixe e marisco fresco galego, produtos que son sinónimo “de excelencia e calidade” por todo o mundo
Galicia defende na súa estratexia de economía azul un cambio enerxético xusto e sostible para o sector
Esta folla de ruta da Xunta inclúe o desenvolvemento de axendas intersectoriais, a promoción de tecnoloxías para un sector naval con cero emisións, a especialización dos portos e a posta en marcha dunha plataforma de ensaio de enerxías renovables
Mar contribúe á capacitación e competitividade do sector marítimo-pesqueiro de Ribeira, achegando nos últimos dous anos 155.000 € para a súa formación
A conselleira, Marta Villaverde, visitou aos vinte alumnos do Curso de Mariñeiro de Ponte, unha das 26 accións que desenvolve o pósito co apoio da Xunta
Mar e ARVI renovan a súa alianza para o desenvolvemento do VI Festival Vigo Seafest
A conselleira e o presidente da Cooperativa de Armadores asinaron o convenio que permite a celebración deste evento, considerado unha cita referente en España dentro da gastronomía marítimo-pesqueira
Marta Villaverde incide na necesidade dunha PPC máis xusta socioeconómica e medioambientalmente, xestionada baixo un enfoque ecosistémico
A conselleira do Mar trasladou que estes son algúns dos argumentos sobre os que debe sustentarse a Política Pesqueira Común, e que Galicia recolle no Decálogo Estratéxico presentado o ao Comisario de Pesca o pasado mes de abril, en Bruxelas
O GALP Ría de Pontevedra desenvolve 25 proxectos, dotados cun investimento público-privado superior aos 4,5 M€
Marta Villaverde puxo en valor a acción dos 8 entes existentes en Galicia como instrumento para o aproveitamento da economía azul, a diversificación económica e a xeración de emprego nas zonas dependentes da pesca e da acuicultura
Villaverde resalta a estratexia da Economía Azul de Galicia como elemento transformador da actividade marítimo pesqueira na comunidade
A titular de Mar puxo en valor que esta folla de ruta do Goberno galego, dotada con 114 millóns de euros, está aliñada cos obxectivos do Pacto Verde Europeo e cos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible de Nacións Unidas