Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.441 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

08/01/2026 | 17:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta estima que a obra de mellora do abastecemento a Ribadeo se adxudicará no primeiro semestre de 2026

A intervención prevista, que ten un prazo de execución de 15 meses, beneficiará a unha poboación potencial de aproximadamente 10.000 habitantes

08/01/2026 | 13:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima aos concellos a acollerse ás liñas de axudas que lanzará este ano en materia de augas por importe de preto de 9,3 millóns de euros

Ángeles Vázquez salienta que Augas de Galicia publicará neste trimestre oito ordes de axudas destinadas a entidades locais, particulares, comunidades de usuarios de traídas veciñais e entidades sen ánimo de lucro

07/01/2026 | 16:51 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste preto de 70.000 euros para a mellora da rede de abastecemento de auga no Piñeiro de Areas, en Covelo

Os traballos consistiron na construción dunha nova edificación e depósito de augas e na mellora do sistema de distribución

07/01/2026 | 14:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta asina un convenio cun orzamento de 200.000 euros para definir o trazado definitivo do Camiño do litoral e iniciar os traballos para a súa sinalización

A previsión é que esta senda conte con 52 etapas que suman máis de 1.300 quilómetros para unir a Galicia costeira de norte a sur, desde Ribadeo a Tomiño, a pé, e desde Ribadeo ata Tui, en bicicleta

07/01/2026 | 13:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta creará en Ourense o primeiro refuxio climático urbano de Galicia, cun investimento de 340.000 €

Os traballos, que se executarán ao longo deste ano, permitirán artellar un corredor verde lineal entre ambos extremos da avenida Otero Pedraio, un dos principais eixos viarios da cidade, co obxectivo de reducir a temperatura superficial local nuns 3ºC

06/01/2026 | 11:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Preto de 500.000 persoas visitaron o ano pasado o Parque Nacional das Illas Atlánticas, con récord de afluencia no caso de Cortegada

Cíes foi unha vez máis a illa máis visitada, con case o 66% do total de visitantes, seguida de Ons, Sálvora e Cortegada, que desde 2021 duplicou a cifra de viaxeiros

05/01/2026 | 11:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca axudas para instalar valados fixos cos que previr os ataques do lobo en 2026 cun orzamento de 400.000 euros

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de mañá, martes, 6 de xaneiro

04/01/2026 | 11:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en marcha o Programa de inspección ambiental para 2026 co obxectivo de garantir o cumprimento da normativa sectorial vixente

Este programa enmárcase no Plan de inspección ambiental de Galicia 2025-2030, que define as liñas estratéxicas e o marco de actuación a seguir nese período para ter un control sobre as actividades implantadas no territorio e as repercusións que estas poidan ter sobre o medio ambiente e a saúde

03/01/2026 | 12:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Máis de 4.000 persoas participaron en 2025 nas actividades gratuítas de observación astronómica promovidas pola Xunta nas Illas Atlánticas

Por noveno ano consecutivo, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e a Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía organizaron accións de dinamización para dar a coñecer os arquipélagos como destino Starlight

02/01/2026 | 11:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta amplía ata os 4,1 M€ o orzamento para a obra de mellora da rede de saneamento no río Lameira, en Marín

Entre as intervencións previstas, que se prevé que estean operativas antes do próximo verán, destacan a renovación dun dos colectores chave para o sistema, a construción dun novo depósito de retención que regulará e rebaixará os caudais de augas pluviais que chegan á EDAR e a mellora da estación de bombeo