Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.802 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

19/02/2026 | 15:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o concello de Oia avanzan no estudo de solucións para mellorar o saneamento na localidade

A conselleira e a rexedora avaliaron tamén as posibilidades que ofrecen outras achegas como as dirixidas a impulsar solucións naturais fronte ao cambio climático

19/02/2026 | 14:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia e outras nove comunidades autónomas acordan crear un grupo de traballo para deseñar unha nova Lei de costas con rigor e coordinación

As rexións costeiras apostan por elaborar cunha normativa que aborde de xeito integrado a ordenación do litoral tendo en conta tanto os aspectos medioambientais como os económicos e os sociais

19/02/2026 | 13:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez pon en valor a efectividade das actuacións levadas a cabo pola Xunta en Carballo para previr asolagamentos

A Xunta investiu máis de 6,3 M€ en cinco proxectos de grandes dimensións para mellorar a capacidade de desaugue do río e reducir asolagamentos na zona urbana da localidade, que é área de risco potencial significativo de inundación (arpsi)

18/02/2026 | 17:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez informa á alcaldesa de Trazo das liñas de axudas ás que poden acollerse os concellos en materia de augas e xestión de residuos

A conselleira e a rexedora avaliaron tamén as posibilidades que ofrecen outras achegas como as convocadas para a preservación do patrimonio natural en espazos protexidos ou as dirixidas a impulsar solucións naturais fronte ao quecemento global

18/02/2026 | 14:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que os concellos poden recibir ata 180.000 euros para impulsar solucións naturais coas que previr os riscos do cambio climático

Ángeles Vázquez explica que se destinan 2 M€ a promover proxectos municipais co obxectivo de ofrecer solucións fronte aos riscos derivados do quecemento global, así como para identificar e crear espazos urbanos que actúen como refuxio climático

18/02/2026 | 13:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial de xeito inmediato en 3,3 quilómetros nos ríos Belelle e Basteiro, en Neda, ante o impacto dos temporais

As tarefas que realiza Augas de Galicia están motivadas pola existencia de incidencias relacionadas con árbores caídas na canle e pola acumulación de biomasa nas marxes

18/02/2026 | 11:40 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial en preto de 11,5 quilómetros en varios ríos ao seu paso polo concello de Porto do Son

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 22 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas das canles fluviais para evitar atoamentos, así como na eliminación de especies exóticas invasoras

17/02/2026 | 10:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Castro de Rei analizan o proxecto para mellorar a calidade da auga do servizo de abastecemento

Esta actuación, que suporá un investimento de un millón de euros, é necesaria para solucionar os problemas que provocan que unha parte da veciñanza, locais de hostalaría e empresas non poidan facer uso da auga da traída municipal

16/02/2026 | 19:19 | C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia insta ao Goberno central a ampliar o prazo da consulta pública previa de reforma do Regulamento Xeral de Costas e a detallar claramente o seu fin

Ángeles Vázquez advirte de que se repite a mesma situación ca en 2018 e en 2024, cando o Executivo central intentou modificar a normativa para restrinxir os usos no litoral e tivo que ser freado polo Tribunal Supremo e polas comunidades autónomas

16/02/2026 | 16:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta promove unha campaña de concienciación contra o desperdicio alimentario no Entroido

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou nesta iniciativa promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e que consistiu na distribución de culleres de madeira cun QR con receitas de aproveitamento das sobras do Entroido