Actualidade
Buscador de novas
A Xunta informa aos concellos costeiros dos pasos a seguir para explotar servizos de tempada no seu litoral no ano 2027
Teresa Bernal explica que as solicitudes no dominio público marítimo terrestre se tramitarán de forma directa, por segundo ano desde que o Goberno galego asumiu a xestión plena da costa
A Xunta autoriza a concesión para converter un muíño de Vimianzo en museo, o primeiro cambio de uso amparado polo Catálogo de bens de valor cultural no litoral
Ángeles Vázquez salienta que a autorización para ocupar 201,55 metros cadrados en dominio público marítimo-terrestre é o primeiro paso para poñer en valor este elemento patrimonial
A Xunta outorga ao Concello de Pontevedra unha concesión de ocupación de 17.688 m² de terreos restaurados para destinalos a un parque público
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático resolve a solicitude municipal presentada en outubro de 2022 e cuxo ámbito de actuación afecta ao espazo natural de interese local Xunqueira de Alba, de competencia e xestión municipal
A Xunta e o Concello do Porto do Son analizan medidas para mellorar e reforzar a garantía do abastecemento de auga na localidade
Ángeles Vázquez lembra que Augas de Galicia convoca anualmente varias liñas de axudas para acometer actuacións hidráulicas que contribúan a mellorar estas redes
A Xunta outorga ao Concello de Ponteceso unha concesión de ocupación de 379 m2 para ampliar e rehabilitar o parque infantil do paseo fluvial
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático resolve así, en menos dun ano, a solicitude municipal presentada para abordar a mellora, modernización e ampliación dun equipamento público xa existente e destinado a uso lúdico e recreativo
Galicia e outras rexións europeas intercambian sinerxias sobre a adaptación das concas fluviais a fenómenos extremos como inundacións ou secas
Augas de Galicia, xunto con entidades doutros sete países europeos, participa en representación de España nesta iniciativa europea, concibida para reforzar a adaptación das cidades e concas fluviais a fenómenos meteorolóxicos adversos
Galicia rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido desde o ano 1961, cunha temperatura media 2,4 graos máis alta do habitual
Ángeles Vázquez salienta tamén que foi un período seco no conxunto da Comunidade, con precipitacións escasas e concentradas nas xornadas dos días 8, 29 e 30
A Xunta dá luz verde ao parque eólico Paxareiras II en Cee e Dumbría, a primeira retramitación que inclúe beneficios ambientais, sociais e económicos
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático outorga autorización administrativa previa e de construción ás instalacións e liñas de evacuación do parque
A Xunta salienta que por primeira vez o Tribunal Superior de Xustiza avala a tramitación dos proxectos eólicos realizada nos últimos anos en Galicia
Ángeles Vázquez salienta que a última sentenza do Alto Tribunal galego non só aplica a mesma doutrina que o Supremo e a Xustiza europea senón que analiza a fondo toda a documentación e os informes das avaliacións ambientais dos proxectos, concluíndo que non existe ningunha proba que poña en dúbida a súa validez ou suficiencia
A Xunta abre o prazo para que ata 250 centros educativos se poidan incorporar ao novo programa de concienciación Escola Circular
Ángeles Vázquez salienta que se trata dunha iniciativa para formar, sensibilizar e implicar á comunidade escolar galega en materia de economía circular durante o curso 2026-2027