Actualidade
Buscador de novas
A Xunta dá luz verde ambiental con condicións ao proxecto de adecuación dunha nave para elaborar produtos cárnicos en Ribeira
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que as actuacións teñan efectos significativos adversos sobre o entorno sempre que se cumpra co fixado no propio informe ambiental e no resto da documentación avaliada
A Xunta creará un foro de expertos para o intercambio de experiencias sobre boas prácticas ambientais no marco da rede de concellos Bandeira Verde de Galicia
Ángeles Vázquez indica que este encontro multidisciplinar terá lugar unha vez ao ano para a posta en común de ideas en materia de conservación da paisaxe e protección do medio ambiente
O grupo de traballo do xabaril apoia as propostas da Xunta para reforzar o control da especie e insiste na limpeza das zonas periurbanas para evitar o seu avance
Marisol Díaz subliña que a competencia para manter limpas as zonas que rodean as cidades e áreas urbanas é municipal e insta aos concellos a implicarse na xestión da biomasa e da maleza nestes puntos para afastar a estes animais das zonas poboadas
A Xunta outorga autorización ambiental integrada ao proxecto para a produción de combustibles sólidos recuperados con residuos non reciclables en Sarria
Con esta resolución, dáse por completada a tramitación ambiental da iniciativa por parte da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático e continúase co resto do procedemento administrativo necesario para a súa posta en marcha
A Xunta libera un exemplar de voitre negro atendido no centro de recuperación de fauna silvestre do Veral
O exemplar, un xuvenil rescatado a mediados de outubro en estado moi feble no feiral do San Froilán, en Lugo, pertence a unha especie pouco habitual en Galicia
A Xunta dá luz verde ambiental a un campamento de turismo na parroquia de Couso, no concello da Estrada
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta dá luz verde ambiental a un campamento de turismo no lugar das Telleiras, no concello de Nigrán
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta adxudica por preto de 300.000 euros as obras de reforma da liña de lodos da estación de tratamento de auga potable da Senra, no concello de Cervo
O fin último das actuacións é optimizar o funcionamento da instalación e evitar o exceso de vertidos cara á rede de saneamento municipal, garantindo así a axeitada prestación do servizo de abastecemento á cidadanía existente na contorna
O delegado visita unha das 21 formacións de árbores senlleiras da provincia para lembrar a convocatoria de axudas da Xunta para a súa mellora e conservación
A Xunta destina un total de 90.000 euros ao coidado e conservación das árbores e formacións senlleiras de Galicia
A Xunta destina o próximo ano máis de 1,6 M€ a axudas para que os concellos melloren os seus puntos limpos fixos ou merquen puntos limpos móbiles
A convocatoria de achegas, que está previsto que se publique no Diario Oficial de Galicia en xaneiro, busca seguir apoiando aos municipios no exercicio das súas competencias en materia de xestión de residuos e ofrecer ao conxunto da cidadanía un servizo máis eficiente e respectuoso co medio ambiente