Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.802 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

03/12/2025 | 14:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

A Xunta reclama ao Goberno central unha sectorial específica e máis coordinación nas medidas sobre a Peste Porcina Africana

O Goberno galego pide a participación dos ministerios de Agricultura e de Transición Ecolóxica nesa reunión coas comunidades autónomas, para coordinar a nivel nacional as actuacións en relación coa loita contra esta doenza

03/12/2025 | 10:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca por 1,33 M€ axudas dirixidas a entidades locais e protectoras para garantir o coidado dos animais domésticos abandonados

Os interesados poderán solicitar ata o 11 de setembro de 2026 estes incentivos, concibidos para financiar parte dos gastos necesarios para garantir o coidado, a manutención e o benestar dos exemplares que os solicitantes teñan ao seu cargo

02/12/2025 | 15:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon como exemplo en Córdoba a xestión sostible dos parques naturais galegos para conservar a biodiversidade

Marisol Díaz indica que preservar os ecosistemas e as especies autóctonas evita a súa extinción, mantén o equilibrio ecolóxico e mellora a resiliencia ante riscos como fenómenos climáticos extremos, pragas ou incendios

02/12/2025 | 14:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca axudas para paliar os danos causados polos xabarís e os osos por un importe de 1,54 M€

As explotacións agrarias profesionais ou destinadas a autoconsumo que sufran perdas por ataques do xabaril poderán optar a un máximo de 2.750 €

02/12/2025 | 13:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta financia a adquisición dun vehículo cero emisións/eco para o servizo de medio ambiente do concello de Xunqueira de Espadanedo

Manuel Pardo explicou que a adquisición foi cofinanciada pola Xunta a través dun convenio de colaboración da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, cunha achega de preto de 40.000 euros

02/12/2025 | 12:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina case 2,4 M€ a implantar unha nova rede de calidade das augas na demarcación Galicia-Costa

Ángeles Vázquez explica que os traballos, cun prazo de execución de oito meses, permitirán que o próximo verán esta conca hidrográfica poida dispoñer dun sistema con capacidade para medir en tempo real varios parámetros e xerar alertas

02/12/2025 | 12:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inicia mañá os traballos para reabrir a lagoa de Baldaio co fin de restaurar o fluxo de auga entre o humidal e o mar e garantir o equilibrio do ecosistema

As actuacións, que se adaptarán ao réxime de mareas e dependerán en boa medida das condicións meteorolóxicas e marítimas da zona, buscan retirar o tapón de area co obxectivo de que este espazo recupere o nivel natural de auga que ten habitualmente

01/12/2025 | 16:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste máis de 174.000 euros na mellora da eficiencia enerxética de tres concellos do Baixo Miño

O delegado territorial visitou o resultado dos traballos de substitución da cuberta dos vestiarios do campo de fútbol das Tornas, en Oia

01/12/2025 | 14:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para a valorización de residuos da construción, en Teo

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

01/12/2025 | 13:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca axudas para actuacións de conservación e mellora das árbores e formacións senlleiras de Galicia por un importe global de 90.000 €

Poderán chegar a cubrir ata o 100% do custo das actuacións subvencionables, cun límite de 4.500 € por árbore e de ata 8.000 € no caso das formacións