Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.802 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

04/11/2025 | 11:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental condicionada á instalación dun campamento turístico en Arteixo

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actuación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

03/11/2025 | 19:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez salienta o labor de GC Veterinaria a prol do benestar animal e pon en valor as iniciativas da Xunta para avanzar neste eido

O Goberno autonómico destina o próximo ano 1,35 millóns de euros a axudas a concellos, entidades protectoras e particulares para a protección dos animais de compañía

03/11/2025 | 16:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para a valorización de vidro e embalaxes no concello de Lalín

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

31/10/2025 | 17:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia reforza cun 70% máis de fondos as axudas a concellos, particulares e comunidades de usuarios para accións en saneamento e abastecemento

O orzamento do organismo para 2026 é de 151,7 M€, un 5,5% máis que en 2025, e terá como principais liñas de actuación a optimización do saneamento e o abastecemento, a formación de técnicos e a execución de políticas de prevención ante os riscos climáticos

31/10/2025 | 15:19 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que Barbanza é a comarca con máis elementos no Catálogo de bens culturais no litoral, que contribuirá a poñer en valor o patrimonio costeiro

Ángeles Vázquez avoga por un litoral vivo e activo no que se conxugue a protección do patrimonio cultural e ambiental coa actividade económica e social

31/10/2025 | 14:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta cofinancia e impulsa obras de xestión dos recursos hídricos da provincia de Ourense por 8,5 M€

O delegado territorial puxo en valor o esforzo inversor do Goberno galego para mellorar a xestión da auga na provincia e o seu estado ambiental, “o que favorecerá tamén o desenvolvemento de actividades económicas ligadas a ela, como a pesca ou o turismo, e o benestar e calidade de vida da poboación”

30/10/2025 | 15:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez salienta a cogobernanza como eixo transversal das políticas públicas ambientais de cara a acadar o obxectivo da neutralidade climática

Ángeles Vázquez indica que os retos climáticos precisan da implicación colectiva de administracións, tecido produtivo e cidadanía e, nesa liña, a Xunta puxo en marcha iniciativas que teñen a cooperación como eixo central para aproveitar sinerxías

30/10/2025 | 13:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda salienta o potencial industrial e enerxético do Porto Exterior da Coruña co impulso da nova terminal marítima de combustibles

A iniciativa está dotada con máis de 100 millóns de euros e permitirá operar tanto con produtos convencionais como con novos combustibles sostibles, incluíndo o amoníaco verde, o metanol e os biocarburantes

30/10/2025 | 12:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destinará máis de 630.000 € a optimizar o sistema Merlin para a predición do risco de inundacións na demarcación hidrográfica Galicia-Costa

Cun prazo de execución de oito meses, o servizo que acaba de adxudicar Augas de Galicia actualizará esta ferramenta de alerta temperá co fin de acadar unha xestión máis eficiente dos recursos hídricos e mitigar os riscos asociados a desbordamentos

30/10/2025 | 12:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial en máis de 3 quilómetros nos ríos Bispo e do Frade, en Bueu

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante arredor de oito semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos