Actualidade
Buscador de novas
A Xunta anima aos concellos de Pontevedra a solicitar ata 40.000 € en axudas para reparar infraestruturas de uso público danadas polo lume en espazos protexidos
Ángeles Vázquez lembra que o prazo para acollerse a calquera das liñas de subvención convocadas pola Xunta ampliouse ata o 30 de outubro de forma que tamén poidan beneficiarse os afectados polos incendios forestais ocorridos despois do verán
A Xunta dá luz verde ambiental condicionada á instalación dun campamento turístico en Ferrol
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actuación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta licita por 675.000 € a obra do novo ramal de saneamento en Santo Estevo de Budiño en Salceda de Caselas para atender a zona do Cerquido
A actuación ten un prazo de execución de seis meses e implica a construción de tres tramos de colectores dun total de preto de 1,13 quilómetros
A Xunta salienta que o contador automático de peixes instalado no Ulla xa está subministrando datos clave para a conservación das poboacións migradoras do río
Tras incidir en que se trata dun sistema de control único na Península Ibérica, Ángeles Vázquez explica que combina tecnoloxía de escaneo e vídeo ademais de permitir a monitoraxe vía web de todos os exemplares que pasan pola escala
A Xunta recibe autorización xudicial para retirar os animais mortos localizados nunha nave en Ordes
A Administración autonómica axiliza este procedemento para evitar un problema sanitario e contacta co Concello porque afecta ás súas competencias
A Xunta comproba o estado e a sinalización do primeiro sendeiro accesible da reserva da biosfera Gerês-Xurés en Lobios
A directora xeral de Patrimonio Natural visita a renovada zona do aparcadoiro e a senda accesible do río Caldo pertencente ao Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
A Xunta desenvolve un proxecto piloto para retirar especies exóticas invasoras no río Miño, en Tui
A previsión da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático é que esta actuación pioneira poida servir de modelo para actuar noutras áreas xeográficas da Comunidade
A Xunta e a USC alíanse para detectar drogas nas augas residuais en cinco depuradoras co fin de estudar patróns de consumo e identificar novas substancias
O proxecto, que conta cun investimento da Xunta de 50.000 euros, permitirá medir a presenza dunhas dez substancias, entre elas a cocaína, o cannabis e o fentanilo
A Xunta inviste máis de 25.000 € na mellora do punto limpo de Cerdedo-Cotobade
Os traballos consistiron na mellora do peche do espazo, na mellora da cuberta, na execución dun foso de derrame e na impermeabilización do pavimento