Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca a crecente implicación das empresas na Alianza Galega polo Clima para lograr unha comunidade máis sostible e con menos emisións
Ángeles Vázquez afirma que facer unha Galicia verde e sostible precisa de políticas que teñan en conta ás persoas e aos axentes sociais e económicos
A Xunta licita por 28 M€ as obras para ampliar a estación depuradora de Vilagarcía de Arousa
A nova infraestrutura dará servizo a unha poboación de preto de 100.000 habitantes, o que suporá duplicar o número de persoas para as que foi deseñada
Belén do Campo anuncia a construción dunha nova senda de case 500 metros en Ponteceso que dará continuidade ao seu paseo litoral reforzando a posta en valor do río Anllóns
O proxecto, que conta cun orzamento próximo aos 45.000 euros, contempla a execución dun tramo de arredor de 500 metros de lonxitude
Rueda destaca a ampliación da EDAR de Sada como exemplo de compromiso da Xunta coa calidade das augas de Galicia
Subliña que incorporará tecnoloxías avanzadas, como un reactor biolóxico que permitirá tratar un 50% máis de carga contaminante nun 40% menos de espazo
A Xunta licitará a próxima semana a plataforma do mercado voluntario de créditos de carbono de Galicia para avanzar na neutralidade climática
Ángeles Vázquez apela a lograr unha Lei do Clima de Galicia “consensuada” e lembra que haberá incentivos para recoñecer o compromiso do sector privado coa transición ecolóxica para reducir o impacto ambiental e mitigar
Galicia asiste á constitución do Consello Estatal de Protección Animal que canalizará a participación pública e civil para avanzar nos dereitos dos animais
Na xuntanza aprobouse o funcionamento interno do Consello e expúxose o estado actual do regulamento da Lei de benestar animal estatal, aprobada en 2023
Galicia intercambia experiencias en Letonia sobre a xestión multifuncional do territorio no encontro internacional dos socios europeos do proxecto GIFT
Presenta a experiencia do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, que é coordinada pola Fundación RÍA e que consiste nun laboratorio vivente para a xestión multifuncional e a custodia colectiva do territorio
Ángeles Vázquez alerta de que o Goberno central pon en perigo preto de 2.000 M€ do Fondo social para o clima da UE para máis de 60 proxectos en Galicia
Recrimina que non se trasladase ningunha información sobre o Plan social polo clima, no que se plasmarían as actuacións a financiar en España a través dese Fondo impulsado pola UE, que conta cun orzamento de 9.000 M€ para o período 2026-2032
A Xunta autoriza o acondicionamento dunha nave como planta de comida para mascotas en Boiro
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actuación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
A Xunta estende ao sistema do río Anllóns a prealerta por escaseza moderada de auga, que se mantén tamén nas concas do Lérez e do río Grande
A maiores, seguiranse aplicando medidas equivalentes no subsistema de Baiona, desde o cal se abastece a poboación deste municipio pontevedrés, e continuarase coa vixilancia e o seguimento reforzado sobre o subsistema de Zamáns