Actualidade
Buscador de novas
A Xunta concedeu en 2024 preto de 440.000 € en axudas a máis de 60 entidades para o coidado e atención dos animais domésticos abandonados
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións polas que se dá publicidade ás 70 achegas concedidas neste eido durante o ano pasado, das que se beneficiaron 45 entidades locais e 16 organizacións que traballan a prol da protección dos animais
A Xunta realiza labores de conservación en dous regos de Ames e Negreira que suman algo máis de 2,2 km
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 5 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos
A Xunta convoca por un importe de 2 M€ axudas a concellos e particulares para mellorar a imaxe exterior de edificios, elementos etnográficos e vivendas
O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe as bases reguladoras das dúas ordes de subvencións, que os interesados poderán solicitar a partir do vindeiro 20 de xaneiro
A Xunta ordena novas inspeccións ás instalacións da empresa Hadasa na Pobra do Caramiñal con relación ao vertido ao mar detectado esta fin de semana
Técnicos de Augas de Galicia volverán desprazarse ata o edificio no marco da investigación aberta polo Goberno autonómico para esclarecer as súas causas
Galicia rexistra un mes de decembro cálido e moi seco
O avance do informe mensual de MeteoGalicia establece que foi un período moi seco xa que as precipitacións rexistradas na Comunidade foron un 55% inferiores aos valores normais nesta época do ano
A Xunta e o concello de Ribadavia avalían o proxecto para mellorar a rede de abastecemento e saneamento nas contornas da Groba, as Chabolas, o Seixo e Sanín
O orzamento necesario para levar a cabo esta actuación rolda os 810.000 euros, que será cofinanciado pola administración local e pola Xunta de Galicia así como por parte da Deputación de Ourense
A Xunta apoia os compromisos da interprofesional láctea Inlac pola sustentabilidade económica, social e ambiental dun sector no que Galicia é líder nacional
As conselleiras de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Medio Rural reuníronse este mediodía cos responsables desta organización para coñecer polo miúdo a súa folla de ruta a prol da sustentabilidade deste eido produtivo
A Xunta convoca axudas para actuacións de conservación e mellora das árbores e formacións senlleiras de Galicia cun orzamento de 90.000 €
Este financiamento pode cubrir ata o 100% do custo da actuación, cun límite de 4.500 € por árbore e de ata 8.000 € se é unha formación
A Xunta realiza labores de conservación en varios ríos no concello de Mondoñedo que suman 8,5 km
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 10 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos
A Xunta destina 140.000 € ás axudas para proxectos de dinamización da área de influencia do Parque Nacional
Ángeles Vázquez subliña que poden acollerse a estas achegas os concellos de Bueu, Ribeira, Vigo e Vilagarcía de Arousa, empresas, autónomos, ONG, entidades de dereito público e persoas residentes na contorna ou titulares de vivendas nas illas