Actualidade
Buscador de novas
A Xunta desenvolve un novo e avanzado sistema de simulación de propagación de grandes incendios que permite anticipar o seu comportamento e apoiar a toma de decisións na súa xestión
Alfonso Rueda explica que o Sistema de Propagación de Incendios de Galicia (Spigal), desenvolvido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, dotará o operativo de loita contra o lume “a partir deste verán” dunha ferramenta propia con capacidade para “adiantarse á realidade, comparar distintos escenarios de evolución e avaliar as medidas de extinción”
Desactivada a situación 2 e estabilizado o incendio forestal de Padrón, parroquia de Herbón
Esta situación operativa de emerxencia foi declarada o sábado, día 13, pola proximidade do lume aos núcleos de Cruxeiras de Abaixo e Sobrerribas
Declarada a situación 2 como medida preventiva no incendio forestal de Boborás, parroquia de Moreiras
Segundo as últimas estimacións provisionais, o lume afecta unha superficie de 150 hectáreas
Activo un incendio forestal no concello ourensán de Boborás, parroquia de Moreiras
O lume iniciouse ás 21.55 horas de onte sábado e segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 20 hectáreas de superficie afectada
Medio rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 20.15 h. de hoxe
Estabilizado o incendio rexistrado nos concellos coruñeses de Vimianzo e Laxe, que se uniu, formando un único lume, tras iniciarse nas parroquias de Salto (Vimianzo) e Nande (Laxe); segundo as últimas estimacións, afecta preto de 200 hectáreas
Declarada a situación 2 como medida preventiva no incendio forestal de Padrón, parroquia de Herbón
Esta situación operativa de emerxencia declárase pola proximidade do lume aos núcleos de Cruxeiras de Abaixo e Sobrerribas, trala reactivación dun dos flancos do incendio
Medio rural e a Mancomunidade de montes do Baixo Miño poñen en marcha o primeiro proxecto piloto para colaborar na detección temperá dos incendios
A entidade organizará equipos de vixilancia preventiva nestes montes, durante o verán, co obxectivo de reducir o risco e mellorar a capacidade de resposta ante conatos, axilizando os avisos ao Servizo de Prevención e Defensa da Xunta
Medio Rural promove a I Feira do Viño Rosado de Galicia dentro da Festa da Rosa de Mos
Un total de oito adegas das denominacións de orixe Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras participan no evento, inaugurado pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez, quen foi nomeada tamén Valedora da festa