Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.752 novas da C. do Medio Rural:

28/08/2026 | 20:23 | C. do Medio Rural

Villares enxalza a V Festa da Ribeira Sacra como escaparate do sector vitivinícola

O delegado territorial da Xunta participou na apertura da feira, que durante a fin de semana ofrecerá no Saviñao unha completa programación arredor da cultura do viño, a gastronomía e a artesanía

28/08/2026 | 12:34 | C. do Medio Rural

A Xunta mantén un mes máis as medidas preventivas ante a Dermatose Nodular Contaxiosa para continuar protexendo a cabana bovina galega

A Consellería do Medio Rural publica hoxe no DOG a correspondente resolución, que producirá os seus efectos entre o 1 e o 30 de setembro, ambos incluídos, e que se poderá prorrogar en función da evolución epidemiolóxica da doenza

27/08/2026 | 15:51 | C. do Medio Rural

Un total de 61 cooperativas benefícianse dos 6 M€ das axudas de Medio Rural para uso de maquinaria agrícola en réxime asociativo

A conselleira María José Gómez puxo en valor estes apoios na súa visita á gandaría de leite Casal Vilar, situada no concello coruñés de Touro e que foi beneficiaria destas achegas

26/08/2026 | 15:00 | C. do Medio Rural

A Xunta destina preto de 100.000 euros á mellora de camiños rurais no Concello de Sarria

Alfonso Villares comprobou o resultado dos traballos que se executaron na vía que une San Andrés e Biville con cargo a estas axudas

26/08/2026 | 12:48 | C. do Medio Rural

María José Gómez salienta o potencial innovador do sector cárnico galego e a súa capacidade para adaptarse ás demandas das persoas consumidoras

Comprobou os avances de diferentes proxectos de investigación e desenvolvemento impulsados pola Consellería centrados en optimizar produtos cárnicos a partir de pezas de Ternera Gallega Suprema de produción ecolóxica

25/08/2026 | 12:33 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina máis de 2,2 M€ a traballos de prevención de incendios forestais na provincia da Coruña

Dentro do convenio con Seaga para a xestión da biomasa, fixéronse labores por 455.000 € en arredor de 180 quilómetros de vías de titularidade municipal e noutras accións preventivas directas no territorio provincial a Consellería investiu 1,8 M€

24/08/2026 | 15:08 | C. do Medio Rural

María José Gómez destaca en Xove os avances do Plan de Pastos, que suma máis de cen actuacións en toda Galicia

A conselleira do Medio Rural asistiu hoxe á celebración da Feira de Gando de San Bartolo de Xove, onde afirmou que unha das principais liñas de traballo do seu departamento é o fomento da gandaría en extensivo

24/08/2026 | 12:21 | C. do Medio Rural

Medio rural destina 23 M€ ao financiamento de 36 proxectos de transformación e comercialización de produtos agrarios

Hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia a resolución destas axudas, que contan con dúas liñas subvencionables, unha centrada no investimento de produtos agrarios; e outra para investimentos con obxectivos ambientais

24/08/2026 | 12:15 | C. do Medio Rural

Extinguido un conato de incendio forestal no concello ourensán de Lobios, parroquia de Mandín, que afectou ao Parque do Xurés

O lume iniciouse ás 21,21 horas de onte e afectou finalmente unha superficie de 0,13 hectáreas de monte raso

24/08/2026 | 10:20 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima

O lume quedou extinguido ás 00,16 horas de hoxe e finalmente afectou unha superficie de 27 hectáreas de monte raso