Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.623 novas da C. do Medio Rural:

02/04/2026 | 11:15 | C. do Medio Rural

Controlado un incendio forestal no concello pontevedrés de Arbo, parroquia de Cabeiras

O lume iniciouse ás 22.22 horas de onte mércores e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 30 hectáreas

02/04/2026 | 10:11 | C. do Medio Rural

Medio Rural avalía novas vías de colaboración coa Asociación de Tecores Galegos

A conselleira do Medio Rural recibiu en San Caetano aos responsables desta entidade para impulsar a cooperación en materia de loita contra incendios e abordar tamén a situación da fauna salvaxe en aras de garantir a prevención e control das enfermidades no gando

01/04/2026 | 14:13 | C. do Medio Rural

Medio Rural apoia as plantacións substitutorias en explotacións forestais afectadas polos incendios

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal visitou hoxe a comunidade de montes veciñais en man común de Marcos, Picoñas e Feixa da Franqueirán, no concello de Ribadavia, beneficiaria destas axudas, cunha achega de case 29.000 euros

01/04/2026 | 09:12 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio do concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia da Portela

O lume afectou finalmente unha superficie de 15,16 hectáreas, todas elas de monte raso

31/03/2026 | 17:49 | C. do Medio Rural

A Xunta reitera en Bruxelas a súa demanda dunha vacina marcada para a dermatose e que se flexibilicen as esixencias aos gandeiros que se poidan ver afectados

María José Gómez advertiu que o mantemento do rigor nas medidas sanitarias é compatible coa flexibilización das obrigas que teñen que respectar os gandeiros á hora de xestionar unha enfermidade que, dixo, “preocupa” no sector primario galego

31/03/2026 | 17:06 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio do concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia da Portela

O lume iniciouse ás 21.39 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais rolda as 20 hectáreas

31/03/2026 | 15:54 | C. do Medio Rural

Medio Rural e as organizacións agrarias Asaga e UUAA acordan esixir melloras na Lei estatal da cadea alimentaria para protexer os produtores

Os directores de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias e da PAC e do Control da Cadea Alimentaria reuníronse hoxe con representantes destas entidades, con quen acordaron a elaboración dun documento para remitir ao Goberno central