Actualidade
Buscador de novas
Rueda aposta por favorecer a reutilización e reciclaxe de residuos téxtiles coas novas instalacións de Arroupa e a futura planta de Sogama
Destaca que a ampliación das infraestruturas de Arroupa permitirá avanzar en economía circular e en inclusión social e laboral
A Xunta amplía o número de persoas beneficiarias do programa Xantar na Casa en Castro de Rei
As prazas dispoñibles pasan de seis a doce e son os servizos sociais municipais os que se encargan da selección dos usuarios
Belén do Campo destaca a aposta de ASPACE pola innovación na rehabilitación infantil na presentación do exoesqueleto pediátrico
A delegada da Xunta puxo en valor o compromiso de ASPACE coa innovación aplicada á rehabilitación e destacou que este exoesqueleto permitirá que nenos e nenas que non podían camiñar poidan facelo, grazas a un dispositivo robótico que se adapta ao corpo infantil e imita o funcionamento natural do músculo
Fabiola García esixe ao Goberno central que retire o recurso contra o Plan de axilización da dependencia e a discapacidade
A conselleira lembra que a Xunta vaise persoar ante o Constitucional para tentar frear a paralización das homologacións automáticas, das que en 2025 se beneficiaron máis de 12.600 galegos
A Xunta comproba o resultado das obras da nova residencia de maiores de Verea, xa rematadas
O centro, de titularidade e xestión municipal, ten capacidade para 24 usuarios
A Xunta abre mañá o prazo para que os concellos, entidades sociais e ANPAS se acollan as axudas do Plan Corresponsables 2026
A convocatoria está dotada de 7,4 millóns de euros destinados a financiar coidados a domicilio e en dependencias públicas, servizos de madrugadores, obradoiros ou campamentos, entre outras actividades
A Xunta lembra que desde hoxe as persoas traballadoras autónomas poden solicitar os apoios específicos á súa actividade e á contratación
Coas achegas para o inicio, mantemento, consolidación ou reactivación da actividade, publicadas nunha orde única (40,7 M€), prevese beneficiar 8.700 persoas e coas de contratación indefinida polo colectivo (1,3M€) unhas 160 persoas desempregadas
Fabiola García destaca que os CIM móbiles son esenciais para reforzar a sensibilización e a información nas zonas rurais e campus universitarios
A conselleira lembrou que desde esta mesma semana estes recursos, nos que a Xunta inviste 1,6M€, estarán percorrendo toda a xeografía galega, naqueles puntos nos que non hai centros destas características
A Xunta destina máis de 46.000 euros a melloras na escola infantil pública autonómica de Fisterra
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asinou hoxe un convenio de colaboración co concello para a realización dos traballos
A Xunta apoia con 400.000 euros actividades de igualdade das ANPAS coas que prevé chegar a 36.000 menores e 20.000 familias
Mañá ábrese o prazo dun mes para solicitar as axudas ao abeiro desta convocatoria