Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.021 novas da C. de Política Social e Igualdade:

08/07/2026 | 17:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aposta pola colaboración interinstitucional para mellorar os vínculos afectivos e as dinámicas relacionais da mocidade

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, agradeceu ao IIS Galicia Sur a creación dunha novela gráfica para achegar información sobre as ITS e a súa prevención

08/07/2026 | 15:10 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda destaca os 24 centros de maiores municipais postos en marcha con apoio da Xunta e avanza 1.800 novas prazas en residencias

Lembra que a Xunta destinou 18,5 M€ de fondos europeos a apoiar aos concellos do rural na construción e ampliación de residencias e centros de día

08/07/2026 | 14:37 | C. de Política Social e Igualdade

Preto de medio cento de nenos e nenas gozan das actividades do ‘ConciliaTea’ grazas ao Plan Corresponsables da Xunta

O concello de Ponteareas é un dos 30 beneficiarios das axudas do Plan Corresponsables que deixaron na provincia máis de un millón de euros para impulsar servizos que faciliten a conciliación das familias

07/07/2026 | 11:42 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García dá a benvida aos nenos saharauís do programa Vacacións en Paz que pasarán o verán en Galicia con familias de acollida

Arredor de 280 menores participan este ano no programa, que desde a súa posta en marcha suma preto de 8.000 nenos acollidos 

06/07/2026 | 15:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inviste preto de un millón de euros no Plan Corresponsables destinado a concellos da provincia de Pontevedra

O concello das Neves é un dos beneficiarios das axudas do Plan Corresponsables para impulsar servizos que faciliten a conciliación das familias

06/07/2026 | 15:11 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda anuncia a aprobación do proxecto da Lei galega de medidas integrais contra o acoso e a violencia dixital

Resalta que “será a primeira norma en España” específica nesta materia e ten como obxectivo dar resposta ás novas formas de violencia que teñen a súa orixe nas tecnoloxías da información e da comunicación, como internet ou as redes sociais

06/07/2026 | 13:18 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reforza o seu compromiso coa rede de centros de información á muller cunha convocatoria de axudas dotada de máis de 5 M€

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, deu conta desta orde durante unha visita ao CIM das Pontes 

05/07/2026 | 12:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reafirma o seu compromiso coa atención á discapacidade a través da colaboración co tecido social

Begoña Abeijón lembrou que está aberto o prazo para que as entidades soliciten axudas económicas para programas ou investimentos nos recursos a través da convocatoria do IRPF

04/07/2026 | 12:34 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca a Tarxeta Benvida e o Carné +65 como medidas de referencia no apoio ás familias e ao envellecemento activo

A conselleira de Política Social e Igualdade visitou esta mañá un establecemento da Pobra do Caramiñal adherido a estes programas