Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.021 novas da C. de Política Social e Igualdade:

04/11/2025 | 12:43 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García agradece a colaboración de farmacias, comercios e administradores de fincas para tecer unha rede social coa que combater a soidade non desexada

O obxectivo é informar á poboación da existencia e utilidade do teléfono da soidade non desexada en Galicia, o 900 830 831, chegando ao maior número de persoas posibles e maximizando o seu impacto social

04/11/2025 | 12:39 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García reafirma o compromiso da Xunta co acollemento familiar como eixo principal do sistema de protección da infancia en Galicia

A conselleira destaca que esta aposta do Goberno galego sitúa á comunidade galega como a segunda con mellores ratios de acollida de España, con máis do 60% dos nenos e adolescentes residindo cunha familia

03/11/2025 | 15:17 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Galicia acada o obxectivo de chegar ás 90.000 persoas dependentes atendidas con dous meses de antelación sobre o prazo previsto

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, subliña que alcanzar esta meta é posible “en gran parte grazas ao Plan de choque” activado pola Administración autonómica, “que corre o risco certo de paralización logo do recurso presentado ante o Constitucional polo Goberno central”

03/11/2025 | 11:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 21 millóns de euros a entidades de iniciativa social para financiar programas e servizos de inclusión

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución desta orde de achegas que se concede a 99 entidades para desenvolver 769 actuacións

03/11/2025 | 11:43 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Consello da Avogacía Galega en accións de atención profesional a vítimas de violencia sexual e na formación en materia de violencia de xénero

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, asinaron co presidente do organismo a renovación de dous convenios de colaboración, que suman unha dotación de 170.000 euros, no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero

02/11/2025 | 12:56 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García pon en valor as iniciativas de envellecemento activo como benestar en balnearios que son un referente da Galicia Calidade

Fabiola García destacou que máis de 1.270 persoas se benefician este ano deste programa impulsado pola Xunta

02/11/2025 | 11:46 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García entrega á casa rural Torres de Moreda o distintivo que o acredita como establecemento adherido ao Carné +65

A conselleira de Política Social e Igualdade avanzou que arredor de 900 negocios galegos xa se sumaron á iniciativa que ofrece beneficios aos maiores galegos

31/10/2025 | 13:32 | Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta anuncia que a Galiña Azul de Chantada contará desde o 2026 con servizo de cociña no centro, grazas a unha inversión de preto de 50.000 euros

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar sinalou que as actuacións realizadas en verán permitiron adaptar as instalacións para contar con este servizo