Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.021 novas da C. de Política Social e Igualdade:

24/10/2025 | 13:46 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social e Igualdade contará en 2026 cun orzamento histórico de 1.391 M€, que permitirá superar as 100.000 persoas dependentes atendidas

A Consellería sitúase como o departamento da Xunta que máis medra, cunha suba do 5%, o que permitirá reforzar as políticas de atención á dependencia, discapacidade, familia, inclusión e loita contra a violencia de xénero

23/10/2025 | 14:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta denuncia que as axudas do Goberno central para persoas con ELA só chegaran ao 5% dos doentes e que os obrigará a someterse a unha nova valoración

O Goberno galego considera que o acceso ao novo grao III+ “será extremadamente complexo”, xa que moitos dos enfermos falecen antes de cumprir os novos requisitos que se esixirán aos que estean en fases máis avanzadas

23/10/2025 | 13:47 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que os espazos de reflexión profesionais son esenciais para seguir afondando na prevención, sensibilización e detección da violencia de xénero

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero puxo en valor as medidas pioneiras impulsadas polo Goberno galego neste eido

23/10/2025 | 13:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia a mellora do centro de día de Outes, que forma parte da rede pública autonómica

Invístense preto de 20.000 euros nesta actuación, centrada na impermeabilización das fachadas e terrazas do equipamento

22/10/2025 | 16:59 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia o Observatorio coruñés contra a LGTBIfobia impulsado pola Asociación Alas A Coruña

A directora xeral de Promoción da Igualdade sinalou que os datos recollidos por este recurso serán incluídos nos informes do Observatorio galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero

22/10/2025 | 15:20 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García denuncia a tardanza do Goberno central en aprobar axudas para as persoas con ELA

Recorda que en Galicia xa está implantada unha vía preferente e automática de atención, e que se levan dando axudas específicas desde hai tres anos

22/10/2025 | 15:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta comprométese a asumir en solitario a suba dos convenios colectivos da discapacidade

Fabiola García lembrou que nos últimos anos se crearon novas prazas públicas para a atención das persoas con discapacidade ata acadar as máis de 5.900