Actualidade
Buscador de novas
A Xunta habilita unha liña de axudas dun millón de euros para facilitar a incorporación ao mercado laboral de novos profesionais do transporte
O presidente do Executivo autonómico, Alfonso Rueda, informou hoxe desta innovadora medida, dotada cun millón de euros, para “acceder a estas profesións para as que fan falta unas actitudes e unha titulación”
Rueda reclama ao Goberno central o inmediato rescate da AP-9 e advirte do custo de adiar esta medida
O presidente autonómico apunta que o informe sobre a situación da autoestrada avaliado no Consello da Xunta actualiza a estimación do custo actual deste rescate en 2.356M€, “cantidade moito menor da que habería que pagar de aquí ao final da concesión”
Rueda anuncia que a Xunta lle solicitará ao Goberno central a convocatoria da Comisión Mixta de Transferencias para asumir as competencias sobre instalacións aeronáuticas de competencia galega
O Consello do Goberno galego autorizou a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes a iniciar os trámites necesarios para exercer as competencias actualmente asumidas polo Estado, co traspaso dos recursos precisos
Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe no Parlamento
Presionando nas seguintes ligazóns poderán ter acceso á referencia do Consello e ao audio da rolda de prensa posterior
Rueda anuncia que a Xunta permite a tramitación dos dous primeiros parques eólicos que xerarán beneficios sociais e económicos no territorio por importe de máis de 15 M€ tras a aprobación da Lei de recursos naturais
Os parques Greco e Baro subministrarán enerxía a prezo competitivo á planta de produción de silicio metálico do Grupo Ferroatlántica en Sabón (A Coruña)
Rueda anuncia que a Xunta aproba un teito de gasto non financeiro que supera por primeira vez os 14.000 M€
Destaca que Galicia é a segunda comunidade en aprobar esta medida, fundamental para ter listas as contas de 2026 en tempo e forma