Actualidade
Buscador de novas
Rueda anuncia que a Xunta abre a consulta pública o anteproxecto de decreto sobre contaminación por nitratos de orixe agraria
Rueda urxe ao Goberno central que remate os estudos necesarios para declarar zonas vulnerables por presenza destes compostos, unha designación que só se debe facer se se acredita que a contaminación é producida por fontes agrarias dun xeito significativo
A Xunta entregará a Medalla de Galicia aos alcaldes de Braga e Porto
Rueda resalta que Ricardo Río e Rui Moreira son un bo exemplo da “do espíritu de cooperación” que hai entre Portugal e a comunidade galega
Rueda destaca en Cataluña o papel da diáspora como embaixadores dunha Galicia moderna, global e atractiva para investir
Apela á cooperación entre territorios e reivindica a marca Galicia como sinónimo de calidade, identidade e ambición global
Rueda reivindica en Ourense o liderado galego no sector aeroespacial co novo edificio da Escola de Enxeñería Aeronáutica
O edificio inclúe un financiamento de 6,3 millóns por parte da Xunta, o 60% do total, e contará con 6.500m2 de superficie
Rueda reivindica a nova Cidade Deportiva do Celta de Vigo como símbolo da Galicia innovadora e comprometida co deporte
Salienta que o proxecto Galicia Sports 360 suporá máis de 110 millóns de euros de investimento e xerará centos de empregos directos e indirectos
Rueda urxe ao comisario de Pesca solucións aos problemas da flota palangreira
O presidente da Xunta mantivo un encontro con Costas Kadis no que avaliaron asuntos como a necesaria revisión da Política Pesqueira Común (PPC) ou o veto á pesca de fondo en determinadas zonas
Rueda subliña que a gratuidade da educación infantil permite a Galicia estar por riba da media nacional na escolarización de 0 a 3 anos
Aposta pola posta en marcha de servizos para impulsar a conciliación e a fixación de poboación