Actualidade
Buscador de novas
O Servizo Galego de Saúde modifica os prazos do concurso de traslados aberto e permanente co obxectivo de facilitar a participación do persoal de novo ingreso
O departamento sanitario da Xunta traslada a data límite para a presentación de solicitudes e acreditación de méritos ao 15 de febreiro, flexibilizando o calendario do ciclo anual
Gómez Caamaño avanza que o Servizo Galego de Saúde convocará antes de finais de ano un concurso de méritos para cubrir de forma estable as prazas das urxencias hospitalarias de Ourense
A través do proxecto de lei aprobado hoxe en Pleno puntuarase o triplo o tempo traballado no servizo de Urxencias do hospital de Ourense
O Servizo Galego de Saúde anuncia o prazo para a actualización do expediente de cara ao concurso específico de enfermería familiar e comunitaria
Os profesionais interesados en participar neste concurso terán de prazo ata o próximo 31 de xullo para actualizar os seus expedientes a través de Fides/expedient-e
A Xunta chama á cidadanía a doar sangue para incrementar as reservas dos grupos sanguíneos con niveis baixos
Os grupos A+, 0+ e 0- amosan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á colaboración nas campañas de doazón de sangue
A Xunta informa de que a situación causada polo episodio de calor mellora e mañá xa non haberá zonas en nivel laranxa nin vermello en Galicia
Mantense o nivel 1, amarelo, nas zonas isoclimáticas centro de Lugo, montaña de Lugo, noroeste de Ourense, montaña de Ourense e interior de Pontevedra
A Xunta autoriza a compra de varios tratamentos innovadores contra os cancros de mama e ovario por 48 M€
Case 36 M€ irán para anticorpos monoclonais e conxugados para o tumor de mama, o máis frecuente entre as mulleres
A Xunta adxudica por máis de 3 M€ a contratación da obra do novo centro de datos do Complexo Hospitalario de Ferrol
Construirase na zona este do edificio do Hospital Arquitecto Marcide, no soto -2
A Xunta licita por máis de 467.000 € o servizo de mantemento das instalacións do Hospital Provincial de Pontevedra
O contrato ten como finalidade garantir o correcto funcionamento do edificio, dos equipos e das instalacións do centro hospitalario
A Xunta licita por máis de 405.000 € a concesión do servizo da escola infantil de 0 a 3 anos para o Hospital de Barbanza
O obxectivo é facilitar a conciliación da vida persoal e laboral do persoal do hospital situado en Ribeira
A Xunta licita por máis de 435.000 € a subministración de sistemas de biopsia prostática guiada por fusión con destino aos servizos de uroloxía do Hospital Universitario da Coruña e do Meixoeiro de Vigo
A biopsia por fusión é unha das técnicas innovadoras máis eficaces para detectar o cancro de próstata