Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.812 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

10/06/2026 | 19:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo felicita ao xeneral xefe da Garda Civil en Galicia pola concesión da encomenda da Orde de Isabel a Católica

A representante do Goberno autonómico destacou a traxectoria e a dedicación ao servizo público de Miguel Ángel García Arias ao fronte da Garda Civil de Galicia

10/06/2026 | 18:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reivindica en Quebec o papel das rexións no futuro da Macrorrexión do Atlántico e reclama unha gobernanza europea máis descentralizada

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, defendeu na Asemblea Xeral da Comisión do Arco Atlántico unha maior participación das rexións no deseño das políticas europeas para o espazo atlántico

10/06/2026 | 15:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incide no apoio firme e constante ao persoal funcionario de administración local con habilitación nacional

A directora xeral de Administración Local abordou no Parlamento a problemática na cobertura de prazas destes profesionais

10/06/2026 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a necesidade dunha colaboración institucional real durante a tramitación da nova Lei de Administración Local de Galicia con achegas construtivas

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, defende no Parlamento que a Xunta está a avaliar as 530 alegacións ao anteproxecto presentadas por máis de medio cento de entidades co obxectivo de incorporar todas aquelas que contribúan a enriquecer o texto

10/06/2026 | 13:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta cumpre cos prazos de implantación da nova Lei de eficiencia xudicial malia o escaso apoio do Goberno central

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, subliña que o Goberno galego tivo que asumir un custo adicional de 10 millóns de euros

10/06/2026 | 11:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asiste á inauguración da Escola de Verán do Ministerio Fiscal

O Pazo de Mariñán acolle desde hoxe mércores e ata o venres unha nova edición da Escola de Verán do Ministerio Fiscal, que este ano se celebra baixo o título Tutela e protección das vítimas no proceso penal

10/06/2026 | 10:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova a colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia a prol da accesibilidade nos actos institucionais

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asinou coa presidenta da federación, María Alonso Mesía, o acordo que permite dotar de medios de interpretación as actividades institucionais que se realicen ao longo deste ano de todas as áreas do sector público autonómico

09/06/2026 | 17:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avalía coa Fegamp as súas achegas ao anteproxecto da nova Lei de Administración Local de Galicia

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse co vicepresidente primeiro da Fegamp, Ángel Moldes, para abordar as aportacións da entidade ao texto e lamentou a ausencia do seu presidente, Alberto Varela, e tamén do vicepresidente segundo e da vicepresidenta executiva  

09/06/2026 | 15:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na mellora das instalacións da Casa Indiana de Curtis para garantir a eficiencia e o confort na prestación dos servizos municipais

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou hoxe o edificio de uso público para comprobar as actuacións realizadas cunha achega superior aos 48.000 euros