Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 4.830 novas da C. de Presidencia, Xustiza e Deportes:

29/05/2026 | 11:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo pon en valor o apoio fundamental que prestan as unidades caninas aos servizos de emerxencias nos operativos de busca de persoas desaparecidas

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu a un exercicio práctico con unidades caninas no marco da segunda e última xornada do ‘Congreso autonómico sobre busca de persoas desaparecidas’ levado a cabo na Academia Galega de Seguridade Pública

28/05/2026 | 20:53 | C. do Mar; Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
28/05/2026 | 17:15 | C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A UPA e a UIFO de Medio Rural colaboran nunha investigación que permitiu identificar tres persoas como presuntas autoras de varios lumes intencionados

As actuacións iniciáronse tras detectarse varios incendios forestais de orixe intencionada en distintos puntos da comarca de Terra de Celanova, con patróns similares de execución

28/05/2026 | 15:26 | Secretaría Xeral para o Deporte ; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a capacidade de Galicia para acoller eventos deportivos de primeiro nivel internacional

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou na presentación da cuarta proba da Copa do Mundo de Natación Artística, que se desenvolverá esta fin de semana en Pontevedra

28/05/2026 | 14:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia dos xuíces de paz para situar as persoas no centro da Administración de Xustiza

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes clausurou hoxe a Xuntanza de xuíces e xuízas de paz de Pontevedra, onde se abordou a implantación da nova oficina xudicial

28/05/2026 | 14:40 | C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Belén do Campo participa nun simulacro de incendio forestal con afección á poboación para avaliar a coordinación dos servizos de emerxencia

A delegada da Xunta lembrou que esta actividade lévase a cabo no distrito V por tratarse dunha zona de risco con incidencia de incendios e unha alta presencia de peregrinos e veraneantes na época de estival.

28/05/2026 | 13:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 1 M€ a unha nova orde de axudas para facilitar a incorporación ao mercado laboral de novos profesionais do transporte

Manuel Pardo informou sobre a convocatoria de axudas impulsada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, para obter o certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial e na modalidade de ampliación ou promoción, así como os permisos de condución das clases C e D

28/05/2026 | 12:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a Ruta Castrexa de Mototurismo, que discorrerá por 12 concellos lucenses o próximo 13 de xuño

Nesta sexta edición propón un percorrido de arredor de 450 quilómetros polo patrimonio natural e cultural da provincia con especial protagonismo para os Camiños Xacobeos

28/05/2026 | 11:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta salienta o impulso á proxección internacional de Galicia que supón a nova conexión aérea entre Santiago e Nova York

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu ao acto inaugural da ruta que une Santiago de Compostela e a cidade estadounidense