Actualidade
Buscador de novas
A Xunta activa a alerta laranxa por nevaradas en zonas das provincias de Ourense, Lugo e Pontevedra e amplía a vermello o aviso laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Pontevedra
Suspéndense as clases e o transporte durante toda a xornada de mañá nos centros educativos e nas escolas infantís de toda a provincia de Ourense e das zonas montaña, sur e centro de Lugo e interior de Pontevedra
A Xunta subvencionou con preto de 35.000 euros a rehabilitación das piscinas municipais de Campo Lameiro
A subvención encádrase na liña de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público da dirección xeral de Administración Local e beneficiou a 18 concellos da provincia de Pontevedra cun importe total de máis de 662.000 euros
A Unidade de Policía Nacional adscrita de Galicia comisa 23 quilos de percebe e tramita sete actas de infracción por furtivismo na cidade da Coruña
A actuación enmárcase nun operativo de prevención levado a cabo o pasado 19 de xaneiro en colaboración da Confraría de Pescadores da Coruña, que se saldou ademais co comiso de sete rasquetas metálicas empregadas para a extracción ilegal de marisco
A Comunidade de Usuarios de Pazo-Eirín, en Caldas de Reis, mellorou as súas instalacións grazas a unha axuda da Xunta de 12.000 euros
Preto de 160 entidades da provincia de Pontevedra recibiron un total de máis de 1,7 millóns de euros para mellora das súas instalacións e compra de material
A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética da Casa Cuartel de Guntín cunha achega de 117.200 euros
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou o resultado das obras, executadas ao abeiro da orde plurianual de axudas da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes cofinanciadas con fondos Feder
Diego Calvo recibe ao novo cónsul honorario de Ucraína en Galicia
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destaca o compromiso da Xunta coa poboación ucraína a través da Cooperación Galega coa mobilización de máis de 228.200 euros desde 2022 para o transporte de axuda humanitaria, protección e apoio
A Xunta constitúe a comisión interdepartamental de preparación e coordinación das actuacións relacionadas coa observación da eclipse do 12 de agosto
Diego Calvo presidiu a primeira sesión da comisión, na que participan representantes desta consellería e das de Medio Ambiente e Cambio Climático, Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e Sanidade, así como da Axencia Turismo de Galicia
A Xunta amplía a alerta vermella por temporal costeiro a todo o litoral da Coruña
Mantense a alerta laranxa no resto da costa galega